Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »

A Xunta de Galicia consensúa coas principais institucións culturais galegas o deseño conxunto dunha programación excelsa do Ano Oteriano, á altura da relevancia da figura homenaxeada. O Ano Oteriano é un dos fitos deste 2026 como lembranza á figura e ao legado do que é considerado como Patriarca das Letras Galegas.

A Xunta de Galicia colabora un ano máis polo Día da Ilustración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, que para o 2026 homenaxeará a Siro López, coñecido como Siro, un artista que destaca polo seu traballo de caricaturista político e humorista gráfico, ademais doutras facetas como retratista, debuxante e pintor.

A Xunta de Galicia levou a cabo máis de 80 accións no marco da programación deseñada durante o 2025 para celebrar o Ano Castelao, declarado polo Goberno galego co gallo do 75 cabodano do intelectual, e coa finalidade de difundir as súas importantes achegas culturais, políticas e lingüísticas entre a sociedade, especialmente enfocada nas novas xeracións.

Os Premios da Cultura Galega 2025 outorgou os seguintes recoñecementos desta edición:

Xunta de Galicia conmemorará o día da Ilustración 2025 cun amplo abano de actividades nas bibliotecas de xestión autonómica sobre o legado de Xosé Vizoso, artista homenaxeado este ano. A programación está composta por unha exposición, un vídeo, obradoiros, sesións de narración oral ou mostras bibliográficas sobre a traxectoria deste artista natural de Mondoñedo.


