Busca

Páxinas

Os obxectivos principais deste premio son recoñecer e eloxiar a excelencia no ámbito da arquitectura e destacar a importante achega dos profesionais europeos ao desenvolvemento de novos conceptos e tecnoloxías. O premio pretende fomentar a arquitectura de dúas formas significativas: estimulando unha maior circulación dos arquitectos profesionais por toda a Unión Europea e axudando a novos arquitectos no inicio das súas traxectorias.

Periodicidade: bianual

 

Observatorio de Innovación do Patrimonio

 

Este espazo reúne a produción técnica do Observatorio e unha selección curada de materiais externos sobre innovación no patrimonio cultural. O obxectivo é facilitar evidencias, métodos e ferramentas a profesionais, Administracións e comunidade investigadora, cun enfoque práctico e verificable.

 

Observatorio de Innovación do Patrimonio

 

O Observatorio da Innovación do Patrimonio Cultural aposta pola innovación e participación para preservar, coñecer e difundir o patrimonio cultural de Galicia. 

Feira do libro infantil de Boloña (Italia): do 24 ao 27 de marzo

Feira do libro de Buenos Aires (Arxentina): do 24 de abril ao 12 de maio

Feira do libro de Frankfurt (Alemaña): do 8 ao 12 de outubro

Feira do libro de Guadalajara (México): do 29 de novembro ao 7 de decembro

 

Catálogo plurilingüe de publicacións infantís e xuvenís

  • Nortear
18/12/2018

A súa obra Ver foi galardoada na cuarta edición do certame para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal, promovido pola Consellería de Cultura, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura 2018 é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Como se vén facendo desde o ano pasado, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear un autor histórico galego. O protagonista de 2018 é Camilo Díaz Baliño.

Observatorio de Innovación do Patrimonio

 

O Observatorio pon á disposición da cidadanía e da comunidade académica dous canais complementarios para enviar información, propostas e documentación de interese.

 

O Informe Xerf@. Formación e profesionalización da acción cultural pública en Galicia foi realizado polo grupo de investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago (USC) e persoal das outras dúas universidades, por encarga da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.