Busca

Páxinas

 

Do 28 de abril ao 4 de maio - Sala Gaumont

A literatura é o eixe central deste ciclo sobre o cine galego actual. Promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID).

 

 

GALICIA EN CINE

28 de abril, 21:00 h

Lobos sucios

Dir. Simón Casal de Miguel

Drama I 2015 I Non recomendada para menores de 12 anos

 

Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951), escritor, xornalista e editor, é unha das personalidades máis destacadas da Galicia literaria das últimas décadas. Profesor na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, actualmente é o director da Editorial Galaxia, o selo decano das editoriais galegas, que posúe unha división internacional con proxección e distribución na Arxentina baixo o nome de Mar Maior.

José Edelstein (Buenos Aires, 1968) é físico teórico. Licenciado no Instituto Balseiro e doutorado na Universidad Nacional de La Plata ―onde foi docente durante un tempo―, levou a cabo estadías posdoutorais nas universidades de Santiago de Compostela, Harvard e o Instituto Superior Técnico de Lisboa. Actualmente é profesor no Departamento de Física de Partículas da universidade compostelá e participa en diferentes proxectos que o vencellan aos máis prestixiosos centros de investigación de todo o mundo.

Luís González Tosar (Buenos Aires, 1952) é o gran poeta arxentino-galego dos nosos días. Nacido no barrio de Palermo Viejo, onde foran vivir seus pais emigrantes, estableceuse en Galicia por volta de 1969. Dende aquela, non deixou de traballar a prol da irmandade de ambas as dúas culturas, das que é un senlleiro embaixador como membro da Academia Argentina de las Letras en representación de Galicia.

Xavier Queipo (Santiago de Compostela, 1957), licenciado en Bioloxía e Medicina, vive dende hai anos en Bruxelas, onde traballa nun organismo pertencente ao goberno da Comunidade Europea.

Cesáreo Sánchez Iglesias (O Irixo, Ourense, 1951) formouse como arquitecto técnico cursando tamén Socioloxía e Ciencias Políticas, aínda que a súa andaina vital estivo unida, dende ben pronto, á literatura.

Fundador e responsable de diversas agrupacións culturais históricas (Lóstrego, Avantar, Alexandre Bóveda), dirixiu durante anos a división editorial do semanario A Nosa Terra, do que tamén foi presidente. Actualmente, e dende o 2005, é o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Elena Gallego Abad (Teruel, 1969) naceu en terras turolenses, pero sendo moi noviña seus pais trasladáronse a Verín (Ourense). Xornalista con ampla experiencia en prensa e radio, nos últimos anos ten desenvolvido un intenso labor como narradora que a converteu nunha das voces máis destacadas do relato fantástico en Galicia.