Busca

Páxinas

A Cidade da Cultura de Galicia presenta unha ampla programación para 2014
04/09/2026

O Festival Internacional Outono de Teatro desenvolverase do 23 de setembro ao 31 de outubro cunha programación integrada por 43 espectáculos e propostas artísticas diferentes

O cartel inclúe oito estreas absolutas e nove espectáculos que poderán verse por primeira vez en Galicia

Entre as novidades figuran as coproducións do propio festival ‘A arte da guerra’, de Mofa e Befa, e ‘Oh! Onde deterese a mirar’, de AsSircópatas

04/09/2026

A compañía pública participa nesta adaptación da novela homónima de María Solar, Premio Xerais 2022, que se estreará o 7 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol

Iria Ares e Xoán C. Mejuto dirixen e protagonizan a montaxe, con dramaturxia deste último e música orixinal de Gabriel Bussi

Unha formación de cámara de sete músicos vinculada á Orquestra Sinfónica de Galicia interpretará a partitura en directo na estrea e 35 integrantes da formación gravarán posteriormente a banda sonora orixinal

06/06/2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; asistiron á inauguración deste evento

Gómez destacou a importancia desta celebración para a dinamización social e económica do rural e para o impulso do comercio de proximidade

As vendas do sector da sidra ecolóxica acadaron os 2,2 millóns de euros en 2025, un 5 % máis con respecto ao ano anterior, e unha produción anual de 1.870 toneladas de mazá para a súa elaboración

05/06/2026

A iniciativa do Consello da Cultura Galega e da Xunta de Galicia homenaxea cada ano figuras da literatura galega co alumnado de conservatorios e outros centros

Trátase dun proxecto que pon voz aos versos de autores e autoras de todo o territorio e que xa ten musicado a Rosalía, Curros Enríquez ou Catelao, entre outros

14/04/2026

Resalta os bos datos de lectura da nosa comunidade e o prestixio e proxección da cultura galega no seu conxunto

14/04/2026

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais destaca a utilidade do encontro para concretar e mellorar o proceso de creación

As persoas seleccionadas nesta cuarta edición son Alfonso Zarauza, Ledicia Sola, Ariel F. Verba, Alba Sueiro, Luis Avilés, Ángela Andrada, Carlos Martínez-Peñalver e Anita Pico

Conecta Lab forma parte das oito iniciativas beneficiarias da última liña de axudas da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para incubadoras, residencias e laboratorios audiovisuais

05/02/2026

O representante do Goberno galego salienta que o autor representa “a Galicia calidade, na que a apertura creativa non oculta a orixe e as raíces na se inspira”

A mostra é unha homenaxe ao modernismo da cidade herculina, que seleccionou, bosquexou e pintou e que pode verse na sede Afundación ata o 21 de marzo

05/02/2026

Ourense, 05 de febreiro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá unha reunión cos organizadores do evento Ourencanto, Cristina Rodríguez e Carlos Núñez, na que lle presentaron a programación da oitava edición deste proxecto musical.

10/12/2025

Publícase no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria que reformula o apoio ao circuíto de salas privadas co obxectivo de fomentar a profesionalización e a coordinación entre os axentes do sector implicados

Ábrese ata o 12 de xaneiro o prazo de solicitude destas subvencións por parte das empresas promotoras ou organizadoras dos concertos