Busca

Páxinas

21/10/2025

A delegada da Xunta explicou que o obxectivo desta iniciativa é demostrar que a ópera pode ser inclusiva e emocionante tamén para os máis pequenos, despertando a curiosidade e o interese polas artes a través do xogo, a sorpresa e a experiencia directa

21/10/2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude celebra o achado fortuíto, que considera unha “importante achega” para a recta final do ‘Ano Castelao’

O xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra atopou este documento que agora se custodia e conserva nesta institución, dependente do Goberno galego

O expediente estará tamén na Biblioteca dixital de Galicia ‘Galiciana’ para que sexa accesible a toda a cidadanía

29/09/2025

Os días 3 e 4 de outubro, a vila pontevedresa será o lugar de referencia para a formación, o diálogo e a descuberta do panorama das artes do movemento en Galicia

Entre a programación desta quinta edición destaca a estrea da peza Diz-me meu amor, de Raquel Ferradás e María de Vicente, así como obradoiros e conversas para profesionais e público xeral

17/07/2025

O circuíto cofinanciado e coordinado pola Xunta achegaralle ao público durante este semestre 205 representacións de artes escénicas e 14 actuacións musicais

O concello de Noia abre a carteleira este sábado co espectáculo de circo ‘A queima da fachada’ e en xullo haberá outras tres citas para público familiar en Foz e Betanzos

Destacan as estreas dos vindeiros espectáculos de Sarabela Teatro, Redrum, Galeatro con Xarope Tulú ou Teatro do Noroeste

16/07/2025

O representante autonómico de Cultura agradecou a implicación de profesionais como o actor Xosé Antonio Touriñán na organización desta iniciativa

Baixo o lema ‘Dez voltas ao sol’, o festival prepara unha edición con dez días de programación ininterrompida dende o venres 22 de agosto

A proposta forma parte da campaña ‘Para gustos, cultura’ que ten en marcha a Xunta con máis de 3.400 actividades este verán

14/06/2025

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuníronse con Raquel Boo e Paula Cantero, presidenta e secretaria, respectivamente, da DAG-Asociación Galega de Deseño, para concretar a colaboración da Xunta da Galicia co Foro de Edición e Deseño, organizado cada dous anos polo colectivo que agrupa máis de 80 profesionais de deseño gráfico, web, editorial, industrial e estratéxico.

04/04/2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destaca o “potencial creativo de Galicia” na inauguración en Santiago da mostra ‘Endless game’, do escultor Diego Cabezas

04/04/2025

O Ateneo Barroco en Santiago de Compostela, Beatout Fest na Coruña, Encordass Fiddle Fest na illa de San Simón de Redondela, Murallón de Son en Silleda e The Wild Fest en Vigo son as citas subvencionadas en 2025

Este impulso á presenza da nosa música insírese na política de apoio do Goberno galego a eventos de música estratéxicos para o sector xunto a iniciativas como os patrocinios FEST Galicia ou os Concertos do Xacobeo.gal

14/01/2025

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e  Xuventude, José López Campos, reuniuse esta mañá co novo presidente da asociación Videoxogo.gal, Rubén Calles, para abordar a situación actual do sector en Galicia, o seu potencial e as diferentes accións conxuntas para impulsar o seu desenvolvemento e profesionalización. Tamén participaron na xuntanza o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e Concepción González Agulla e Miguel Ángel Areán, vogais do devandito colectivo.

09/11/2024

O representante da Xunta resalta a importancia das accións destinadas “tanto á investigación e preservación como ao acceso da poboación para o seu coñecemento”

Resalta a aula interpretativa como un “reforzo fundamental para difundir o patrimonio”

A Administración autonómica inviste 74.000 € neste 2024 en actuacións arqueolóxicas en sete concellos da provincia da Coruña