Busca

Páxinas

28/01/2026

Publícanse no Diario Oficial de Galicia as bases destas subvencións, que experimentan un incremento dun 16,6% respecto ao ano anterior

‘Sirât’, ‘Decorado’, ‘Onte á noite conquistei Tebas’, ‘San Simón’ ou ‘Leo&Lou’ son algunhas das fitas cofinanciadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en anteriores convocatorias desta liña de apoio

23/01/2026
  • O acordo entre ambas as dúas entidades senta as bases para promover exposicións, eventos e boas prácticas que atendan as necesidades do colectivo
  • A accesibilidade incluirase tamén como requisito para os materiais, servizos e actuacións obxecto de licitación por parte da Fundación Cidade da Cultura
07/01/2026

Producida xunto á compañía Contraproducións e dirixida por Cándido Pazó, poderá verse no Salón Teatro de Santiago desde mañá ao 25 de xaneiro e do 11 ao 15 de febreiro, ademais de noutra decena de localidades galegas

Xúlio Abonjo, Manuel Cortés, Iris Darriba, Mónica García, Federico Pérez Rey, Santi Romay e Ana Santos danlle vida sobre as táboas á historia de Balbino 65 anos despois da súa publicación e 10 do pasamento do seu autor

26/11/2025

Esta produción de Vaca Films para Prime Video é un dos seis proxectos subvencionados pola Xunta na convocatoria de 2025 para rodaxes audiovisuais

O vindeiro 12 de decembro estréase ‘Dimelo bajito’, tamén cofinanciada a través deste fondo para impulsar Galicia como escenario de filmes e series

25/11/2025

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse hoxe coa directiva da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) na Sala Capitol de Santiago de Compostela, onde se ultiman os preparativos para a entrega este xoves día 27 das 17 categorías nas que se dividen os I Premios da Industria Musical de Galicia.

20/10/2025
  • O Consello dá o visto e prace á proposta de decreto para recoñecer as doce obras coa máxima protección polo seu valor cultural sobranceiro
  • A resolución valora que o conxunto pictórico merece formar parte do patrimonio máis senlleiro galego pola súa calidade e contexto artístico
  • A declaración farase oficial nos vindeiros días coa publicación no Diario Oficial de Galicia
  • Con esta aprobación, xa son 792 os Bens de Interese Cultural existentes en Galicia
16/10/2025

López Campos considera que o proxecto confirma o centro museístico como “punta de lanza da arte contemporánea arriscada, brillante e sobre todo, comprometida”

Recompílase o traballo de 16 artistas deste territorio na década dos anos 90 do pasado século que permite ter unha perspectiva social e histórica dos seus países

Comisariada por Santiago Olmo e Rossina Calazi, pode verse ata o 18 de xaneiro de 2026

16/10/2025

A actividade do segundo semestre da Rede Galega de Teatros e Auditorios leva á cidade do Lérez as obras ‘Monstros’, ‘As desterradas’, ‘Go Home’, ‘Molto Barroco’ e ‘Ándale! Bon appétit!’ durante outubro e novembro

Este circuíto, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e 43 entidades locais asociadas, ofrece ao longo do ano 560 actuacións de artes escénicas e musicais en 43 concellos das catro provincias galegas

Estado de tramite: