Busca

Páxinas

26/03/2026

O certame internacional conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para celebrar a súa 19ª edición do 8 ao 17 de maio con catro concertos e dúas actividades paralelas na cidade de Ourense e nos concellos de Vilamarín e Cea

O encontro reunirá artistas e formacións de referencia internacional como Vandalia, Mariví Blasco, Álex Alguacil e o Cuarteto Seikilos

05/02/2026

O Auditorio Municipal da cidade olívica abre mañá carteleira con ‘Brazaletes’, de Amorodio Teatro, primeira actividade dunha oferta con 15 propostas teatrais, tres de danza, tres musicais, dúas de novo circo e unha de maxia

‘Memorias dun neno labrego’, do Centro Dramático Galego e Contraproducións ou os concertos de Rosa Cedrón e De Vacas son algunhas das citas previstas

O custo desta actividade en Vigo ascende a 123.426 euros, dos que 56.867 son achegados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

15/01/2026

Ambas as dúas administracións colaboran co fin de apoiar os traballadores das industrias culturais no uso das novas tecnoloxías aplicadas á xestión, produción e difusión de proxectos

O programa está dividido en cinco cursos que abranguen desde a xeración de experiencias con intelixencia artificial ata novas ferramentas para a xestión do patrimonio

Desenvolveranse en liña entre febreiro e xuño e as persoas interesadas poden anotarse de balde na web da Cámara de Comercio

20/11/2025

Este encontro consolida a aposta do Goberno galego por este sector emerxente, liña de traballo na que tamén se encadra a construción na Cidade da Cultura do Centro de Artes Dixitais, que iniciará a súa actividade no segundo semestre de 2026

O titular de Cultura da Xunta anima a aproveitar todas as potencialidades da tecnoloxía dixital, que “non só representa un motor social e económico, senón tamén un potente activo para o noso patrimonio e as nosas industrias creativas”

16/11/2025

O proxecto ‘A auga é un intre que aprendeu a quedar’ instalará dúas estruturas circulares, realizadas en madeira de castiñeiro e con técnicas de construción naval, que flotarán á deriva na lagoa levadas polo vento 

A proposta do deseñador gráfico e artista visual Diego Lara foi escollida como gañadora do concurso de intervencións artísticas do ‘EAN15’, unha iniciativa que se propón dar visibilidade e apoiar a creación emerxente e o talento mozo 

Concibida como instalación artística efémera, será inaugurada no verán de 2026 

08/11/2025

Vigo, 8 de novembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe a unha das actividades programadas no festival de humor e literatura infantil Hematofesti, onde felicitou á organización, liderada por Ledicia Costas e Alberto Vázquez, pola segunda edición desta iniciativa que homenaxea ao escritor e comunicador coñecido como O Hematocrítico, falecido en 2023.

05/11/2025

O titular de Cultura explica que o obxectivo destas modificacións recollidas na Lei de acompañamento aos Orzamentos é desburocratizar os procedementos e reducir así os tempos de espera por parte da cidadanía e as institucións

Detalla que a proposta é suprimir a necesidade de autorización por parte do Goberno galego en determinadas cuestións que poderán ser resoltas polos concellos

“Atendemos as necesidades dos galegos e galegas, pero coa garantía absoluta de que esta proposta non afecte o rigoroso coidado do noso legado”

13/10/2025

A carteleira do segundo semestre en Lugo cidade comeza esta semana no Auditorio Municipal Gustavo Freire coa estrea de ‘Ca-co-flex!’, de ALOMAIS Teatro, e a representación de ‘Os senteito’, o novo de Caramuxo Teatro

O circuíto, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e 43 entidades locais asociadas, tamén abrangue funcións en Foz, Viveiro, Monforte de Lemos, Ribadeo e Burela

23/09/2025
  • O Consello do Goberno galego avalía o apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a esta entidade desde 2019 ata a actualidade
  • O informe avala o investimento neste período por tratarse dun proxecto co principal museo marítimo de España e o máis completo en Europa na súa temática
  • A maiores, salienta a súa contribución á dinamización da comarca e que facilita un mellor coñecemento deste tipo de industria
18/09/2025

O circuíto de exhibición, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e as 43 entidades locais asociadas, achega 12 representacións ao Fórum Metropolitano e cinco ao Teatro Rosalía Castro

O Teatro Rosalía Castro acolle mañá Roland mon amour, coprodución do Centro Dramático Galego con Cris Balboa

Na área metropolitana coruñesa, a carteleira nestes últimos meses de ano ofrece dúas funcións en Arteixo, catro en Betanzos e tres en Oleiros