Busca

Páxinas

20/06/2026

Abadín (Lugo), 20 de xuño de 2026

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, participou hoxe en Abadín na presentación da cuarta edición do festival cultural Rumboia Viva, que se celebrará na localidade o próximo 27 de xuño e que conta co apoio da Xunta de Galicia.

25/05/2026
  • O Consello dá luz verde ao convenio para o desenvolvemento destas accións no  Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento durante os tres vindeiros anos
  • A achega da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dá continuidade a traballos sobre patrimonio e identidade en Galicia e relacións de poder desde a Idade Media
  • Posibilitará o reforzo dunha nova liña de investigación integral das paisaxes e a súa relación co territorio, o patrimonio e o turismo
22/04/2026

O representante da Xunta destaca os datos do ‘Informe de Hábitos lectores en 2025’, que reflicte un incremento do 13 por cento neste indicador

O titular de Cultura celebra a consolidación “dunha Galicia lectora” cun 96,5% da poboación maior de 14 anos que le en calquera medio ou soporte, “situándonos por riba da media estatal”

Apunta a suba da lectura no soporte dixital, en 2,2 puntos, e dos oíntes de audiolibros en máis de tres

22/04/2026

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais reúnese nos Estudios Mans cos artistas destinatarios deste programa de acompañamento profesional que avanza nos obxectivos das dúas anteriores edicións

A iniciativa afianza o potencial e a expansión dos artistas seleccionados mediante actuacións, asesoramento especializado, comunicación e seguimento individualizado

A primeira cita aberta ao público terá lugar mañá ás 22,00 h. na sala Garufa Club da Coruña con entrada de balde

27/03/2026
  • O Diario Oficial de Galicia publica as bases destas subvencións para 2026, que consolidan a dotación incrementada o pasado ano para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos
  • Contribuirase á asistencia a foros de negocio especializados, á participación en mostras, premios e festivais de cine e en cursos formativos que conten co apoio do programa MEDIA de Europa Creativa
04/03/2026

A sección competitiva ‘Galicia’ proxectará obras de Bea Lema, Sabrina Fernández Casas, Berio Molina, Daniel Pérez Silva e Diana Toucedo

O Goberno galego leva apoiando a celebración do certame a través da liña de axudas a festivais audiovisuais da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

12/02/2026

López Campos salienta que son “emisións únicas dun valor excepcional” que dan testemuño material da presenza do Reino Suevo e do medievo renacentista

O representante do Goberno galego lembra que xa contan coa máxima protección, desde que se iniciou a súa incoación para declaralas Ben de Interese Cultural

Adquiridas á colección numimástica privada do galego Antonio Orol, amosaranse na sede que o centro museístico ten a carón do claustro de San Francisco

12/12/2025

O obxectivo da iniciativa é fortalecer a colaboración entre os diferentes axentes do ecosistema deportivo galego e inspirar á mocidade a través de exemplos reais

O representante da Xunta sinala a importancia “de poñer en valor a cultura do coidado e normalizar recursos como a psicoloxía deportiva”

O programa inclúe relatorios, mesas redondas e encontros con referentes deportivos como Javier Gómez Noya, que ofreceu o relatorio inaugural

03/12/2025

O artista compostelán desenvolverá o proxecto ‘Outro e sobre si’ para explorar o concepto da superposición cuántica desde a perspectiva das artes visuais

Contará con aloxamento, espazos de traballo e mentoría no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e na Cidade da Cultura, e recibirá unha axuda de 8.000 € para traballar na súa proposta

27/11/2025

Durante o encontro, a representante do Goberno autonómico salientou a importancia do tecido cooperativo cultural como axente clave no desenvolvemento territorial, especialmente no rural