Busca

Páxinas

26/04/2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude adxudícalles 230.000€ ás entidades locais que contraten espectáculos de produción galega para programar entre o 15 de xuño e o 31 de agosto

13/04/2026

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais de Beade, os concellos de Bande, Beariz, O Carballiño, Maceda e Trasmiras

No Pavillón Municipal de Deportes de Beade para uso cultural, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinou máis de 24.000 euros ao amparo da liña de axudas de 500.000 euros convocada pola Xunta para equipar e mellorar as instalacións e locais destinados a realizar actividades culturais

07/04/2026

A cita consolida os seus espazos para a creación na lingua propia, con propostas específicas, certames de creación e destinadas a canles, así como un novo impulso ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais

Reunirá algunhas das voces galegas con maior proxección no actual ecosistema dixital e cultural, como Lorena Iglesias, Raquel Piñeiro, Salseología, Marina G. Canedo ou Prado Rúa

Ofrecerá por primeira vez en Galicia iniciativas como ‘Rajando con… Bimboficadas’, con Samantha Hudson e María Barrier, ou o podcast ‘Pop y Muerte’, de Kiko Amat e Benja Villegas

07/04/2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude distribúe estas axudas entre citas especializadas en teatro, monicreques, circo, danza, improvisación e monólogos

A convocatoria deste ano incrementou a súa dotación nun 3,5 % respecto a 2025 

O apoio do Goberno galego reforzará o papel destes encontros na dinamización cultural e na proxección dos espectáculos de produción galega

02/04/2026

A convocatoria que acaba de publicarse no Diario Oficial de Galicia está destinada a actuar en equipamentos como bibliotecas, axencias de lectura e locais municipais

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude responde así ao seu compromiso coa modernización e adecuacións deste tipo de infraestruturas a prol da cidadanía

As solicitudes poderán enviarse ata o 30 de abril e cada entidade poderá recibir ata 30.000€

01/04/2026

A Casa Museo Camilo José Cela acolle ata o 10 de xuño unha mostra con textos orixinais, manuscritos e pezas relacionadas coa película homónima

15/03/2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude acompaña a Oliver Laxe na cerimonia de entrega dos galardóns que se celebra hoxe no Dolby Theatre

O filme, con dirección e produción galega, concorre como finalista a mellor película internacional e mellor son

A longametraxe contou co apoio da Xunta para a súa realización e para distintas accións de promoción

04/03/2026

A Coruña, 4 de marzo de 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu esta tarde ao acto de clausura do Día das Artes Galegas 2025, organizado pola Real Academia Galega de Belas Artes na cidade da A Coruña, e que puxo o ramo a un ano de homenaxes dedicadas á figura de Isaac Díaz Pardo.

08/01/2026

Agradece o traballo do Consello, protagonista no ciclo de esplendor cultural sen precedentes que está a atravesar a nosa comunidade

De cara ao 2026, desexa os maiores éxitos ao noso audiovisual nos premios Goya e nos Óscar e reivindica que este sexa o ano do recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial

12/12/2025

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que coa recente campaña supéranse os 117.000 euros de investimento nos traballos arqueolóxicos e a reconstrución da antiga capela

Esta fin de semana ofrécense visitas gratuítas comentadas polos técnicos, o sábado a este xacemento e o domingo ao castro de Formigueiros, en Samos