Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- …
- seguinte ›
- última »
Negreira (A Coruña), 27 de xuño de 2026.
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada por membros da corporación, participou esta mañá na inauguración oficial da XIX Feira do Románico de Negreira, unha cita consolidada no calendario festivo e cultural galego que transforma a vila nun espazo de recreación histórica ambientado no século XIII.
Subliñou a alta calidade dos títulos galegos en formato curto, aos que a Xunta lles destina financiamento desde distintas liñas de subvencións ao sector audiovisual
‘Corre’ é un drama distópico que invita á reflexión e está interpretado por Lucía Veiga, Saamira Ganay e Sara Miranda
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu hoxe unha representación da nova xunta directiva da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas - Escena Galega, que conta coa produtora Eva Alonso, de Teatro do Noroeste, como presidenta do colectivo desde o pasado 20 de maio.
A mostra reúne 49 imaxes realizadas polo fotógrafo húngaro durante as súas viaxes por Galicia e recupera un valioso patrimonio documental sobre o territorio, o mar, o traballo e a modernización da comunidade.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiron en Santiago de Compostela ao concerto Xoias da música checa, convidados polo embaixador da República Checa en España, Libor Sečka.
López Campos destaca a oportunidade que supón esta iniciativa para proxectar a cultura galega no exterior na antesala da celebración do Xacobeo 2027
Refírese ao escultor de Cambados como “o mellor embaixador para dar mostra da nosa Galicia Calidade a atraer o interese do turismo cultural internacional”
O acordo coa Fundación Manolo Paz polo que o Goberno galego achega 180.000€ permite exhibir dez pezas nunha das principais avenidas da cidade estadounidense
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, achegouse hoxe en Santiago á Biblioteca Pública Ánxel Casal para darlle a benvida persoalmente á súa nova directora, Ángela García Núñez, á que animou, xunto co seu equipo, a “continuar co importante labor cultural que se realiza desde estes equipamentos públicos, dando un servizo á sociedade imprescindible, abordando todo tipo de propostas e abranguendo a todos os públicos”.
Lugo, 19 de marzo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con Diego Campo, presidente da asociación cultural Fanto Fantini, que organiza o festival Osa do Mar, para avanzar nas vías de colaboración de cara á próxima edición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa.
A actuación céntrase estes primeiros días na enseada de Cariño, onde as investigacións apuntan que podería atoparse un buque da coñecida como ‘Armada Invencible’
O obxectivo das tarefas de prospección arqueolóxica é localizar o galeón, documentar elementos visibles e rexistrar posibles estruturas
O representante da Consellería de Cultura destaca a importancia da colaboración institucional “para protexer e conservar o noso legado”








