Nova: López Campos lembra “o importante servizo cultural á sociedade” das bibliotecas na benvida á nova directora da Ánxel Casal
22/04/2026
López Campos lembra “o importante servizo cultural á sociedade” das bibliotecas na benvida á nova directora da Ánxel Casal
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, achegouse hoxe en Santiago á Biblioteca Pública Ánxel Casal para darlle a benvida persoalmente á súa nova directora, Ángela García Núñez, á que animou, xunto co seu equipo, a “continuar co importante labor cultural que se realiza desde estes equipamentos públicos, dando un servizo á sociedade imprescindible, abordando todo tipo de propostas e abranguendo a todos os públicos”.
Deste xeito, o representante da Xunta resaltou “o traballo que se vén realizando na Ánxel Casal como un dos grandes eixos da vida cultural de Santiago”, unha actividade que, dixo, “seguirá da man dunha gran profesional” que realizou con anterioridade o seu labor como técnica na Biblioteca de Galicia.

