Nova: Javier Arias reúnese con Diego Campo para avanzar vías de colaboración nunha nova edición do festival ‘Osa do Mar’
18/03/2026
Javier Arias reúnese con Diego Campo para avanzar vías de colaboración nunha nova edición do festival ‘Osa do Mar’
Lugo, 19 de marzo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con Diego Campo, presidente da asociación cultural Fanto Fantini, que organiza o festival Osa do Mar, para avanzar nas vías de colaboración de cara á próxima edición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa.
O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
