Busca

Páxinas

07/06/2018

Actúan o sábado 9 no Pazo da Peregrina dentro deste programa, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración con 103 concellos das rutas xacobeas

A carteleira neste municipio tamén inclúe o espectáculo Ciganî de Antón Coucheiro o 13 de xullo na Travesía do Porto e o concerto de A Banda da Loba o 20 de xullo en Ponte Maceira
 

06/06/2018

 Román Rodríguez, na presentación do libro Pardines. Cando ETA empezou a matar

A obra lembra á primeira vítima mortal da banda terrorista

 

06/06/2018

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2018.- O grupo de traballo para a dinamización da lectura en Galicia reuniuse esta tarde para avanzar no deseño dunha proposta de liñas de actuación que sirvan de base para a elaboración do Plan Galego de Dinamización da Lectura. Este plan formará parte da Estratexia da Cultura Galega 2021, actualmente en proceso de elaboración, que será a folla de ruta para a política da Xunta de Galicia en materia cultura para os próximos anos.

06/06/2018

Celanova (Ourense), 6 de xuño de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta tarde a rodaxe do filme Elisa e Marcela, dirixido por Isabel Coixet, que nestes días se desenvolve na localidade ourensá de Celanova. A fita, producida pola galega Zenit Televisión, S.A., conta co apoio da Consellería, 240.000 euros concedidos a través da convocatoria de subvención a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego na súa convocatoria de 2017.

06/06/2018

Conecta Fiction contará con proxeccións, talleres e unha exposición

Celebrarase en Santiago os días 21 e 22 de xuño no marco do encontro internacional de coprodución de ficción televisiva Conecta FICTION, coa Xunta de Galicia como principal promotora

Esta primeira edición do festival dedícase en exclusiva á produción de Movistar+, coa presenza de intérpretes como Aura Garrido, Javier Rey e Marta Hazas, os directores Mariano Barroso e Mar Coll e a produtora Teresa Fernández-Valdés

06/06/2018

Sondeseu, unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea, basea o seu repertorio en temas da tradición oral popular galega

Presentará no Gaiás seu espectáculo Arraianos, que fusiona o son tradicional galego de SondeSeu con outras músicas da escena folk da Península Ibérica

O concerto terá lugar o venres 22 de xuño ás 21 horas na Praza Central da Cidade da Cultura e con entrada libre e de balde

  • A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal
05/06/2018

A mostra narra a historia do conto do mesmo título, desde a súa creación no obradoiro artístico do centro residencial da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral ata a súa publicación por Galaxia

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na inauguración do proxecto expositivo, que permanecerá ata o día 30 de xuño na cidade

  • Foto: Wikipedia
04/06/2018

Cun prazo de execución de 4 meses, os traballos teñen como obxectivo cambiar a actual cuberta por unha nova de madeira para recuperar a imaxe orixinal do templo

01/06/2018

Tras rematar coa restauración da casa dos Cóengos, nestes momentos os traballos céntranse na cuberta da basílica e o claustro

01/06/2018

Anxo Lorenzo saúda os 350 participantes de No bico un cantar como a semente do noso futuro musical

Alumnado de estudos musicais toda Galicia cantaron alalás en Betanzos, nun concerto promovido pola Consellería de Cultura e Educación e polo Consello da Cultura Galega, co apoio do Concello