Busca

Páxinas

11/01/2017

Marcos Barbosa dirixe esta versión contemporánea da obra de Shakespeare, que sitúa a acción entre os reinos de Galicia e Portugal

O espectáculo conta cos galegos Xosé Barato, Santi Cuquejo e Marta Pazos no elenco e coa música en directo do grupo Manuel Fúria e Os Náufragos

Representarase ata o domingo no Salón Teatro, que a semana que vén acollerá a montaxe Daniel Faria, coproducida xunto á compañía de Pablo Fidalgo
 

11/01/2017

A Consellería de Cultura e Educación destinará arredor de 900.000 euros a estas obras

11/01/2017

A consellería ación destinará arredor de 700.000 euros a estas obras

11/01/2017

As bibliotecas centrais territoriais e a Biblioteca de Galicia promoven arredor do 11 de xaneiro unha programación especial para celebrar esta data, que abre o Calendario do Libro e da Lectura 2016

Visitas guiadas, obradoiros, incremento do número de préstamos e sorteos de libros son as principais propostas da programación, que rematará o sábado 14 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca de Galicia, cun recital poético-multimedia a cargo de Yolanda Castaño
 

09/01/2017

Ata o 8 de abril está aberto o prazo para a presentación de orixinais ao premio, dotado con 2.500 euros e a publicación da obra gañadora en Espiral Maior

O secretario xeral de Cultura e o alcalde do municipio coruñés presentaron as bases da nova convocatoria do certame, que ten como obxectivo promover a creación literaria en lingua galega

 

09/01/2017

A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Academia Galega do Audiovisual asinaron un novo convenio de colaboración para a posta en marcha do programa de actividades vinculado á 15ª edición dos galardóns

Os encontros cos finalistas, as proxeccións dos traballos gañadores e candidatos e a colaboración con outras academias do resto do Estado reforzarán a gala como accións de recoñecemento da industria galega do cinema e da televisión
 

07/01/2017

Grandes nomes da filmografía estatal como Albert Serra ou Pablo Hernando visitarán a filmoteca durante os meses de xaneiro e febreiro

Esta xeración de cineastas é a que máis éxitos en festivais internacionais ten acadado, con premios en prestixiosos certames coma Locarno ou Donostia
 

05/01/2017

Reunido por Isaac Díaz Pardo e custodiado na Biblioteca de Galicia, o material inclúe correspondencia con Castelao, fotografías, documentos persoais, álbums da súa actividade como escenógrafo en América, debuxos e relatos orixinais

Con motivo da entrada en dominio público da obra de Díaz Baliño e no marco do cabodano de Díaz Pardo, a Secretaría Xeral de Cultura difunde este valioso legado para o seu acceso a toda a cidadanía a través de Galiciana, en biblioteca.galiciana.gal

05/01/2017

Celebrouse unha ofrenda floral organizada pola fundación que leva o nome

05/01/2017

O novo sistema en liña de adquisición de obras para as bibliotecas públicas permite que os títulos máis recentes en lingua galega estean ao dispor dos usuarios e usuarias no momento da súa entrada no mercado

As entidades editoras poderán presentar as súas solicitudes á convocatoria bianual de subvencións para a tradución de obras ao galego, e do galego a outras linguas, ata o 6 de febreiro