Busca

Páxinas

  •  Álvaro Siza Fundación Manolo Paz 1
29/06/2019

O conselleiro de Cultura participa no recoñecemento que a Fundación Manolo Paz lle brinda a Álvaro Siza

A entrega deste galardón enmárcase na celebración das ‘IV Xornadas da Fundación Manolo Paz’, centradas no achegamento artístico a Portugal

29/06/2019

Xunta e Fundación Repsol únense para fomentar o uso do galego a través da 13ª edición do Premio de Narrativa Breve

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e Gonzalo Vázquez, director da Área Institucional e de Cultura da Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez, asinaron un acordo de colaboración en materia de normalización lingüística

28/06/2019

Román Rodríguez destaca o “imprescindible” labor da Academia Xacobea no estudo e divulgación das peregrinacións a Santiago

O conselleiro de Cultura e Turismo participou no acto de ingreso dos académicos Luís Celeiro, Francisco Durán e José Manuel García Iglesias

28/06/2019

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu ao concerto infantil da Banda de Música Sons e Soños (Outeiro- Rábade- Begonte), enmarcada na primeira xornada do Serán’02: II Encontro Galego de Cultura Popular que se está a celebrar esta fin de semana no Museo Centro Gaiás.

28/06/2019

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación destas dúas exposicións que reflexionan sobre temas globais como o fluxo de refuxiados ou o actual sistema económico

  • Fondo Logotipo Xunta de Galicia
28/06/2019

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou os case 95.000 euros destinados por este departamento autonómico para sete concellos da área territorial

Tamén destacou os máis de 17.500 euros destinados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para os centros educativos desta comarca de cara a continuar a traballar en proxetos de fomento do idioma galego

28/06/2019

Asinouse un convenio polo que a Agadic apoia a continuidade deste evento, que se desenvolverá na vila ourensá do 18 ao 27 de xullo

27/06/2019

O ‘Serán’02. II Encontro Galego de Cultura Popular’ desenvólvese no Gaiás do 28 ao 30 de xuño promovido pola Xunta de Galicia, dirixido por Quique Peón e coa colaboración da FGBMP e Gadis

O evento reunirá máis de 500 intérpretes de bandas de música de toda Galicia nun programa familiar que tamén inclúe obradoiros de baile, feira ou talleres infantís

Na noite do sábado 29, sete bandas e charangas tradicionais porán a todo o mundo a bailar nunha verbena ambientada a principios do século XX á que o público está convidado a asistir caracterizado da época

27/06/2019

O ciclo está composto por oito andainas nos concellos de Ares, Moaña, Sober, Oia, Cervo, Padrón, Castro Caldelas e Parada de Sil que se desenvolverán do 3 ao 31 de agosto

O programa inclúe actuacións musicais e actividades gastronómicas

  • Fondo Logotipo Xunta de Galicia
27/06/2019

Estes cinco espazos escénicos de Vigo, O Porriño e A Coruña integran automaticamente a Rede Galega de Salas da Consellería de Cultura e Turismo en calidade de beneficiarios destas subvencións da Agadic

Este apoio destínase tanto a gastos ordinarios de funcionamento dos locais como á programación que desenvolven como parte do circuíto