Busca

Páxinas

02/08/2018

A actuación de Susana Seivane o sábado en Gondomar será a primeira das 255 citas do segundo período de programación anual da RGTA, que se desenvolverá entre os meses de agosto e decembro en 44 escenarios

A Xunta xestiona este circuíto profesional de exhibición de espectáculos, que conta cun orzamento anual de 1,63 millóns de euros cofinanciado entre a Agadic e as entidades locais con espazos asociados

Xunto coa Rede Galega de Música ao Vivo, Rede Galega de Salas e Cultura no Camiño, suma 1.447 funcións en toda Galicia durante 2018

  • Pajaro Sunrise
01/08/2018

Os temas de Yuri Méndez, elixidos como banda sonora en series e publicidade, poranlle música ao primeiro concerto ao solpor deste agosto na Cidade da Cultura

Fernando Barroso chega o venres ao Gaiás na compaña da violoncellista viguesa Margarida Mariño e a voz e acordeón de Celina da Piedade para presentar Silence Lovers Club, traballo no que une sons do swing/jazz e a música popular

Pechan a semana os sons arriscados de Baiuca, que combinan o máis vangardista da electrónica coas raíces máis salvaxes e puras da música tradicional

  • Piano Meeting 2018
31/07/2018

Os galardoados, que foron elixidos entre 40 participantes, formarán parte do cartel do festival, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Cultura e da Axencia de Turismo de Galicia

O primeiro premio, dotado con 1.000 euros, repartiuse entre os madrileños Trío Ramales e o valenciano Jorge Balanzá

28/07/2018

A Consellería inviste 154.000 euros neste proxecto

O conselleiro comproba a actuación ambiciosa que se está levando a cabo no templo, unha auténtica xoia do patrimonio arquitectónico da comarca de Deza

Cun prazo de execución de 4 meses, os traballos teñen como obxectivo cambiar a actual cuberta por unha nova de madeira para recuperar a imaxe orixinal do templo

27/07/2018

O conselleiro de Cultura salienta que se trata dun evento diferente, singular e moi atractivo porque se celebra nunha contorna dunha riqueza patrimonial e paisaxística enorme, que se integra no propio festival

O festival recibe o apoio da marca FEST Galicia, creada pola Xunta, a través da que se dá soporte aos autobuses e se patrocina o escenario do Castelo de Castro Caldelas, no que dous dos tres concertos programados son de artistas galegas

20/07/2018

Exhibirán os seus traballos nunha residencia artística no Gaiás entre o 26 e o 30 de agosto e optarán a realizar unha intervención nas Torres Hejduk como espazo expositivo non convencional

Baixo a dirección de Rafael Doctor, o evento ofrécelles a oportunidade de debater con artistas consolidados como María Moldes, Julio Falagán e Sandra Gamarra

Foron elixidos entre os case 200 candidatos que enviaron o seu proxecto artístico a esta convocatoria, que vai xa pola súa oitava edición

20/07/2018

Recolle a versión en galego da obra de Valle-Inclán, asinada por Manuel Cortés e Xron

O volume, coeditado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Edicións Positivas, está tamén á venda na Libraría Institucional da Xunta de Galicia

19/07/2018

Xoán Curiel e a banda Son+d2 levan A casa do terror mañá á Serra de Outes e o sábado a Cambados

Os Bolechas e o amigo Monte poderán gozarse pasadomañá en Portas e o domingo en Ferrol

A entrada a todos os espectáculos é libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados

19/07/2018

Esta actividade forma parte do VI Campus Agolada Musical 2018, que inclúe o I Encontro da Banda sinfónica infantil, o I Curso de música antiga e o XIII Festival Internacional de Percusión, Merzapercusión, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura

19/07/2018

O circuíto musical promovido pola Xunta de Galicia ofrecerá entre xullo e decembro 136 novos concertos en salas de titularidade privada e para público reducido

A Ventana de Laxe acollerá actuación do grupo Ejazz ás 23,30 h., en tanto que Los Mecánicos soarán desde a medianoite no Náutico do Grove