Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

1981, Ano zero da língua galega

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar 1981, Ano zero da língua galega. 

O documentario da AGAL aborda os 40 anos de oficialidade do galego da man de Nee Barros que nos acompaña a través do paso das décadas e da amplitude de voces de quen compuxo e compón o camiño do noso idioma.

O documentario da AGAL foi realizado por Nós Televisión e contou coa subvención da Deputación da Coruña. 

Galego

Mudar de vida

Un mozo volve do estranxeiro á súa pequena vila de pescadores para descubrir que moitas cousas cambiaron. Inspirado polo seu traballo con Manoel de Oliveira, Rocha traballou con aldeáns locais ademais de actores experimentados liderados pola grande e icónica Isabel Ruth, unha habitual de Oliveira.

Galego

Holy Spider

Irán, 2001. Unha xornalista de Teherán mergúllase nos barrios con peor reputación da cidade santa de Mashhad para investigar unha serie de feminicidios. Pronto se dará conta de que as autoridades locais non teñen ningunha présa por resolver o asunto. Os crimes son obra dun só home, que asegura purificar a cidade dos seus pecados e que ataca a prostitutas pola noite.

Galego

Emily

Emily conta a vida imaxinada dunha das autoras máis famosas do mundo, Emily Brontë. A muller, que faleceu á temperá idade de 30 anos, foi unha rebelde  inadaptada ao seu tempo que atoparía a súa voz ao escribir o clásico literario Cumes borrascosos. O filme explora as relacións que o inspiraron, tanto coas súas irmás Charlotte e Anne como co seu malogrado primeiro amor, ademais da especial amizade e complicidade que a unían ao seu inconformista irmán Branwell, a quen Emily idolatraba.

Galego

A auga que trouxeron

O documental "A AUGA QUE TROUXERON" constrúe un relato sobre a realidade das traídas veciñais de auga en Galicia. Estes sistemas son resultado dun proceso histórico onde a veciñanza xogou un papel importante, pois en moitos casos foron os propios veciños quen as construíron, financiaron e xestionaron. Este modelo ofreceu un sistema de abastecemento autónomo adaptado ao contexto territorial do país caracterizado pola alta dispersión poboacional. Esta realidade permanece a día de hoxe mantendo unha xestión autónoma por parte da veciñanza.

Galego

Primer caso, segundo caso + Dolor de muelas

Primer caso, segundo caso (Irán, 1979)
Dirección e guión: Abbas Kiarostami
Sinopse: Un simple incidente escolar é evaluado por diversos expertos

Dolor de muelas (Irán, 1980)
Dirección e guión: Abbas Kiarostami
Sinopse: Como consecuencia de non lavarse habitualmente os dentes, un cativo comeza a ter fortes dores. O dentista explica ante as cámaras as virtudes da hixiene dental.

Galego

Isabella

(Arxentina, 2021)

Dirección e guión: Matías Piñeiro. Reparto: María Villar, Agustina Muñoz, Pablo Sigal, Gabi Saidón, Ana Cambre

Sinopse: unha actriz tenta obter ao longo de dous anos de audicións o papel de Isabella, a heroína da comedia 'Medida por medida'.

Galego

Hamlet Prince de Danemark

(Francia, 1960)

Dirección: Claude Barma. Guión: Yves Bonnefoy. Reparto: Roger Coggio, María Casares, Daniel Sorano, Mireille Darc

Sinopse: Retransmisión íntegra da peza teatral que adapta Hamlet de William Shakespeare, en directo no Grand Théâtre de la Cité, no marco do Festival de Carcassonne

Galego

Mudar de vida

(Portugal, 1966)

Dirección: Paulo Rocha. Guion: António Reis, Paulo Rocha. Reparto: Geraldo Del Rey, Isabel Ruth, Maria Barroso, Joao Guedes

Sinopse: A loita pola supervivencia, contra o mar e a tradición, marcan un conflito amoroso e unha paixón que renace

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual