Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Atalaia / Piueiro+ El techo amarillo

Atalaia / Piueiro (España, 2022)
Dirección e guión: Xisela Franco
Sinopse: Unha aproximación ao mundo do mar desde a etnografía experimental, unha ollada ao mundo das redeiras e á carpintería de ribeira.
El techo amarillo (España, 2022)
Dirección: Isabel Coixet. Guión:  Isabel Coixet, Laura Ferrero
Sinopse: En 2018 un grupo de nove mulleres presentaron unha denuncia contra dous dos seus profesores do Aula de Teatro de Lleida por abusos sexuais acontecidos entre os anos 2001 e 2008

Galego

Cinemóbil de José Gil

En 1929 José Gil, un dos pioneiros do cinema en Galicia percorría a nosa provincia co seu Cinémobil para amosar as súas películas.
Hoxe Vía Lactea filmes percorren novamente a provincia para recurperar a memoria do seu cinema e do seu legado, no que A Guarda tivo unha destacada presencia.

José Gil (Rubiós-As Neves, 1870-1937) foi un fotógrafo e pioneiro do cinema galego que realizou máis de 150 filmes entre 1910 e 1936, principalmente no sur de Galicia.

Galego

MICE 2023: Four Seasons in a Day

No noroeste da illa de Irlanda, a fronteira entre a República de Irlanda e o Reino Unido transcorre no medio dun fermoso fiordo glaciar, o Carlingford Lough. O Carlingford Ferry atravesa o Carlingford Lough a diario, levando a xente dun lado ao outro. Atopámonos con varios personaxes do Norte e do Sur, con diferentes puntos de vista, facendo esta tranquila viaxe pola magnífica e verde paisaxe irlandesa. A curta viaxe está a romper as presas do día e provoca momentos de reflexión interior ao cruzar a fronteira invisible, no fondo do lago.

Galego

MICE 2023: Eldorado XXI

Eldorado XXI é un misterioso e inquietante documental etnográfico, gravado no asentamento humano máis alto do mundo, La Rinconada e Cerro Lunar, a 5.100 metros sobre o nivel do mar, nos Andes peruanos. As infernais condicións de vida arredor da mina fúndense cos rituais para rematar en transo, entre a sobriedade da cámara, os intrincados testemuños da xente do lugar, a música cativadora, e a folla de coca. Unha busca entolecida das riquezas inalcanzables de El Dorado que no século XXI conserva as súas raíces ancestrais, incluíndo a febre do ouro e o sacrificio humano.

Galego

MICE 2023: COW

Andrea Arnold é unha directora independente cunha filmografía moi particular que, mesmo rodando unha longametraxe sen adornos sobre unha vaca, produce unha obra fantástica. Cow foi presentada no Festival de Cannes.

O filme é unha iniciativa para ter en conta as vacas. Achegarse a elas. Ver a súa beleza e o reto da súa existencia. Non dun xeito romántico, senón dun xeito realista. É unha película sobre a vida cotiá dunha vaca e un agradecemento polo enorme servizo que nos brinda. “Cando miro a Luma, a nosa vaca, vexo nela todo o mundo”.

Galego

Le tempestaire+ The Great Sadness of Zohara

Le tempestaire (Francia, 1947)
Dirección e guión: Jean Epstein. Sinopse: Unha muller dun pequeño pobo costeiro ten pavor ante un mar cada vez máis embravecido.
The Great Sadness of Zohara (Israel, Marrocos, 1983)
Dirección e guión: Nina Menkes. Sinopse: Unha moza xudea ortodoxa é alienada pola súa comunidade en Xerusalén e forzada a entrar no mundo da espiritualidade. 

Galego

Nove meses

(Hungría, 1976)

Dirección: Márta Mészáros. Guión:  Márta Mészáros, Ildikó Koródy. Reparto: Lili Monori, Jan Nowicki

Sinopse: Juli ten un traballo nunha fábrica de ladrillos, mais estuda a distancia para mellorar a súa posición. O seu xefe namora dela e comezan unha relación moi apaixonada.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual