La revolución bailando
Documental que percorre a historia de Las Chillers, un grupo musical referente do underground madrileño e da defensa dos dereitos LGTBIQ+. Son seis mulleres que se xuntaron co fin de divertirse e pasalo ben e que acabaron liderando unha revolución a golpe de música, amor libre e boa onda. Decidiron facer a revolución bailando e lanzar unha mensaxe feminista e libre. O seu compromiso activista e a cirscunstancia política e social que existía deulles o impulso para converterse en artistas.

