Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Negro Púrpura

LSD, multinacionais farmacéuticas, pragas medievais, medicina popular e a CIA conectadas por un fungo alucinógeno coñecido como ouro negro en Galicia no Século XX. Negro Púrpura retrata un dos lugares de maior produción a nivel mundial de claviceps purpurea: Galicia. Este fungo alucinógeno, que brota nos cereais, ábrenos as portas dunha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura e a economía de Galicia ao longo do S.XX.

Galego

Spanien!+ Von Griechenland+ Zigeuner sein

Spanien! (Alemaña, 1973). Dirección: Peter Nestler en colaboración con Zsóka Nestler e Taisto Jalamo
Sinopse:  testemuños personais de antigos membros das Brigadas Internacionais que se uniron aos republicanos na Guerra Civil española, así como de afiliados a Comisións Obreiras.
Von Griechenland (Alemaña, 1965). Dirección: Peter Nestler, en colaboración con Reinald Schnell.
Sinopse: describe a situación política de Grecia en 1964-1965, dous anos antes do golpe de Estado que trouxo a ditadura militar. 

Galego

Guerra+ Paz

Guerra (Portugal, 2020)
Dirección: José Oliveira, Marta Ramos. Guión: José Oliveira, José Lopes.
Sinopse: Cál é a guerra do título? Unha primeira resposta sería a colonial portuguesa en África (1961-1974), aquela que golpeou varias xeracións que aínda viven, soñan, traballan e morren en ambas as xeografías, e cuxa memoria segue lonxe de estar completa hoxe.
Paz (Portugal, 2021)
Dirección: José Oliveira, Marta Ramos. Guión: José Oliveira, José Lopes, Marta Ramos

Galego

O trío en mi bemol

Paul e Adélia, antigos amantes, vense decote para discorrer sobre o seu pasado cando eran parella, parolar sobre as novidades amorosas dela ou discutir sobre música: Adélia adora o rock e a Paul pérdeo a música clásica. Veranse sete veces no ano. Encontros, desencontros e unha melodía que os une cada vez máis… Jorge, un director de cinema algo lunático, filma nunha luminosa casa preto do mar unha adaptación de Le trio en mi bémol, a única obra de teatro que escribíu Éric Rohmer. Un filme que agocha outro.

Galego

Tomka e os seus amigos

Tomka e os seus amigos xogan no seu campo de fútbol ata que un día os nazis invaden a vila e usan o campo como almacén de munición. A escenificación da guerra borra o xogo infantil, condición que o grupo non está disposto a aceptar. Ante a situación, Tomka e os seus secuaces acabarán confabulándose para recuperar o seu espazo de xogo tomado polos nazis. Keko utiliza esta aventura para falar da resistencia partisana na Segunda Guerra Mundial a nivel histórico, pero tamén da resiliencia na Albania contemporánea baixo o duro réxime estalinista de Enver Hoxha.

Galego

Midsommar

Unha parella estadounidense que non está pasando polo seu mellor momento acode cuns amigos ao Midsommar, un festival de verán que se celebra cada 90 anos nunha aldea remota de Suecia. O que comeza como unhas vacacións soñadas nun lugar no que o sol non se pon nunca, pouco a pouco se converte nun escuro pesadelo cando os misteriosos aldeáns os convidan a participar nas súas perturbadoras actividades festivas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual