Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

La novena sinfonía

(Alemaña, 1936)

Dirección: Detlef Sierck (Douglas Sirk). Guión:  Kurt Heuser, Detlef Sierck (Douglas Sirk). Reparto: Willy Birgel, Lil Dagover

Sinopse: Unha muller nova que debeu abandonar o fillo para viaxar a Nova York cun innobre marido, que logo se suicida, regresa a Alemaña e é contratada como coidadora do que resulta ser o seu propio fillo.
 

Galego

Pilares de la sociedad

(Alemaña, 1935)

Dirección: Detlef Sierck (Douglas Sirk). Guión:  Georg C. Klaren, Peter Gillman. Reparto: Heinrich George, Maria Krahn

Sinopse: Un rico armador dunha cidade costeira norueguesa, ocultou o feito de que é o pai ilexítimo de Dina. O seu engano resulta ameazado polo regreso do único home que está en posesión da verdade sobre o seu pasado que chega á cidade cun circo.
 

Galego

Emma enamorada

(República Checa, 2021)

Dirección: Jan Prušinovský. Guión:  Roman Vojkuvka. Reparto: Pavla Gajdosíková, Jan Jankovsky

Sinopse: un home e unha muller pasan unha noite xuntos, sen expectativas. Non obstante, convértese no inicio dunha relación, do amor, da convivencia. Un episodio fortuíto desvela o pasado da muller.
 

Galego

La desconocida

Carolina (Laia Manzanares) é unha moza inxenua e encantadora que coñece a Leo (Manolo Solo) a través dun chat. El é un home adulto que se fai pasar por un mozo de 16 anos e, enganándoa, consegue quedar con ela nun afastado parque da cidade. Pero a medida que Leo coñece a Carolina empeza a sospeitar que quizais ela non é tan inocente e inofensiva como aparenta.

Galego

O mestre xardineiro

Narvel Roth (Joel Edgerton) é o meticuloso horticultor de Gracewood Gardens. Está tan dedicado a coidar os xardíns deste marabillosa e histórica finca como a compracer á súa xefa, a rica viúva Sra. Haverhill (Sigourney Weaver). Pero o caos apodérase da ordenada existencia de Narvel cando a Sra. Haverhill lle esixe que tome como aprendiz á súa rebelde e problemática sobriña neta, Maya (Quintessa Swindell). Esta nova situación vai sacar á luz escuros segredos dun pasado violento que tamén é unha ameaza para todos.

Galego

MARXES FÍLMICAS 2023. Ucrania

Proxeccións fílmicas. Entrada libre e de balde ata completar capacidade.

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo

- 19 de xuño, luns, 22:00 horas

Terykony

Boney Piles

Taras Tomenko (Ucraína, 2022) 80 minutos. VOSE

- 21 de xuño, mércores, 22:00 horas

Evge (Homeward)

Cara a Crimea

Nariman Aliev (Ucraína, 2019) 96 minutos. VOSE

- 26 de xuño, luns, 22:00 horas

My thoughts are silent

Antonio Lukich (Ucraína, 2019) 104 minutos. VOSE

- 28 de xuño, mércores, 22:00 horas

Roses. Film cabaret

Galego

Testimonio de Frederman

(España, 2019)

Dirección e guión: Javier Codesal

Sinopse: Testemuña desde cativo de escenas de violencia extrema, vítima por mortes na súa contorna familiar, pasa algúns anos no cárcere e sofre despois un atentado con once impactos de bala, e sobrevive a todo iso de maneira impensable.
 

Galego

Aloha/ Las películas de Consuelo y Antonio

(España, 1967-1978)
Dirección: Iván Zulueta
Sinopse: Aloha convértese nun espazo de convivencia e vitalidade mais tamén de proxección de múltiples inquietudes artísticas.
• Cine Album Kodak 9 (c. 1972)
• Piscina (c. 1967)
• Sonoro Vicky (c. 1977) Sonoro
• Sound Iván Jaime (c. 1977) Sonoro
• Nenes Juan Blanco (c. 1972)
• Boxers Max Ernst (c. 1977)
• Feria navideña regalos (c. 1973)

Galego

La muchacha del páramo

(Alemaña, 1935)

Dirección: Detlef Sierck (Douglas Sirk). Guión:  Lothar M. Mayring. Reparto: Hansi Knoteck, Ellen Frank

Sinopse: un granxeiro mozo, está prometido a Gertrud, filla do potentado local, mais en realidade está namorado de Helga, a moza do lameiro.
 

Galego

Ocho disparos mortales (caps. 3 e 4)

 

(Finlandia, 1972)

Dirección e guión: MIkko Niskanen. Reparto: Mikko Niskanen, Tarja-Tuulikki Tarsala

Sinopse: Na Finlandia rural de finais dos anos sesenta, Pasi mantén unha familia de catro fillos e un bebé con traballos estacionais na súa pequena granxa e con labores forestais durante o inverno. Xunto co veciño destila whisky clandestinamente para gañar algún diñeiro máis.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual