A princesa errante
Unha moza xaponesa de orixe aristocrática recibe unha proposta de matrimonio por parte do irmán do emperador marioneta de Manchuria, ocupada por forzas militares nipoas.

Unha moza xaponesa de orixe aristocrática recibe unha proposta de matrimonio por parte do irmán do emperador marioneta de Manchuria, ocupada por forzas militares nipoas.
Nin acróbata nin atlética, Hedvig é seguramente demasiado torpe para ser unha superheroína. Para poder seguir os pasos de seu pai, Super Lion, acepta o reto de convencer ao seu escéptico entorno do contrario.
En 1955, colexiais e pais de todo o país reúnense para un concurso escolar dedicado á observación de fenómenos astronómicos (Junior Stargazer Convention) que leva a cabo nunha cidade ficticia do deserto estadounidense chamada Asteroid City. A convención verase espectacularmente interrompida por eventos que cambian o mundo.
Quen era Hasna Aït Boulahcen? You Resemble Me cóntanos a historia desta moza que medrou nos suburbios de París, cunha vida marcada polos abusos, a pobreza e a marxinación. Unha espiral de autodestrución que acabaría desembocando nun dos episodios máis dolorosos da historia recente de Francia.
O documental Mayor segue os pasos de Musa Hadid, alcalde de Ramallah, capital de facto e centro cultural do Estado palestino. Musa trata de deseñar e construír a cidade do futuro sen perder de vista a súa misión final: poñer fin á ocupación de Palestina.
David é un director de cine que se criou nos suburbios de Nova York. En 2012 rodou Building Babel, unha película que deu inicio a unha carreira cinematográfica fortemente vinculada ao xénero documental. En 2020 rodou Mayor, o seu filme máis ambicioso ata agora, co que conseguiu un notable recoñecemento de crítica e público.
Palestina, ano 1948. Farha, unha rapaza de 14 anos, soña con ir á escola e abandonar a dura vida no campo. Os seus soños acaban saltando polo aire cando un día de maio as forzas de ocupación israelís invaden a súa vila e cercan o seu domicilio.
Darin é directora, produtora e guionista. De nacionalidade xordana, formouse cinematograficamente nos Estados Unidos, onde comezaría a súa carreira rodando diversas curtametraxes. No ano 2016 fundou a produtora TaleBox co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da industria cinematográfica xordana e árabe.
Fawzi e Mahmound son dous amigos sirios que viven en Zaatari, un campo de refuxiados de Xordania. Os dous mozos, que soñan con que se converteren en xogadores de fútbol profesionais, ven como o seu futuro pode cambiar cando unha academia de fútbol chega a Zaatari coa intención de fichar novos xogadores.
Verán de 1982, o ano que cambiou o Líbano. Nos arredores da capital, Beirut, a vida permanece tensamente tranquila mentres se escoitan explosións e disparos. Con esa escena bélica de fondo, Wissam, un neno de 11 anos, busca a oportunidade de confesarlle o seu amor a unha compañeira de clase.
(España, 1969-1987)
Dirección: Iván Zulueta
• Kodak Virg Virg
• Chicago 1980
• ReyesEtcAcuariumVersionCompleta (c. 1975)
• Fuegos Artificiales Foco Proyector apto. con Burbana avispa bombilla filamento Poti (1971-1976)
• Materiais orixinais de “Amalgama” (c. 1975)
• Nenes (c. 1972)
• Cine Album Kodak 6 (1969-1975)
• TitulosMiEgoEsta RefilmacionIrureta IRURETA REMAKE MAL (1975-1987)
(Alemaña, 1937)
Dirección: Detlef Sierck (Douglas Sirk). Guión: Gerhard Menzel. Reparto: Zarah Leander, Julia serda
Sinopse: Astrée namórase a primeira vista dun gran terratenente local, don Pedro. Casan e dez anos despois o matrimonio está desfeito. Chega un doutor sueco novo, Sven Nagel, para investigar unha misteriosa epidemia que Don pedro intenta ocultar.