Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O regreso das anduriñas

A humilde e sinxela Ma, e o tímido Cao, foron expulsados das súas respectivas familias e obrigados a contraer un matrimonio concertado. Agora terán que axuntar as súas forzas e construír un fogar onde sobrevivir. No medio da adversidade, comeza a forxarse entre eles un vínculo, xa que tanto Ma como Cao, en sintonía cos ciclos da Terra, crean un refuxio no que poden prosperar.

Galego

Entre as figueiras

No noroeste de Tunes, un grupo de mulleres e de homes novos traballan recollendo figos. Baixo a testemuña das árbores, desenvolven novos sentimentos, discuten, atópanse e esquívanse, namoran e tentan entenderse. Ao longo do día, a horta convértese nun teatro de emocións, onde se representan os soños e as esperanzas de cada un deles.

Galego

Redecinema

Velaquí unha iniciativa impulsada desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Trátase de proxeccións de filmes en galego en formato de cinema de verán (en exterior, con gran pantalla).

Os 18 concellos da Rede de Dinamización Lingüística onde se desenvolverá Redecinema son os seguintes: Fisterra, Laxe, A Laracha, Ares, Negreira, Xove, Outeiro de Rei, Sober, Mondoñedo, Allariz, Beariz, Lobios, Viana do Bolo, Maside, Barros, Silleda, O Rosal e Forarei.

Galego

As gardiás do planeta

Unha balea queda varada nunha remota praia. Mentres loita por salvar a súa vida, o espectador descubrirá a historia destas extraordinarias criaturas, habitantes dos océanos do mundo. Inspirada no bestseller de Heathcote Williams, Whale Nation lévanos a descubrir os territorios inexplorados e unha sociedade bastante pouco coñecida: a das baleas, coas súas extraordinarias habilidades e as súas vidas incriblemente ricas e complexas.

Galego

Mai Mai Miracle

En 1995 no Xapón occidental, Shinko de 9 anos sabe que provén dunha familia que se remonta a máis dun millar de anos. Esta longa xenealoxía e as súas historias alimentan as súas fantasías: ela inventa unha amizade imaxinaria cunha nena do Xapón de hai mil anos. Un día, Kiiko, unha tímida ceca de Tokyo, é transferida á clase de Shinko na escola. Loitando par integrarse, encontra a unha amiga en Shinko. Elas parten xuntas a unha máxica aventura dentro dunha fábula da historia antiga.

Galego

Temidas teimas

Na consulta dun prestixoso psicólogo coincide un diverso grupo de pacientezs que sofren un Trastorno Obsesivo Compulsivo (TOC). Pero o seu médico non pode chegar a tempo, xa que o voo que o trae á consulta sofre un inesperado retraso. Así, todos se ven na obriga de compartir unha espera que parece interminable. 

Lograrán estas persoas manter as súas manías e obsesións a raia?, chegará o doutor antes de que a cousa saia do testo?. 

Galego

Marnie, a ladroa

Tippi Hedren é Marnie, unha secretaria ladroa e mentireira que se pon a traballar para Mark Rutland (Sean Connery) e tenta roubarlle. Mark, impulsivamente, casa con ela e tenta descubrir as causas do seu obsesivo comportamento. Mal acollida pola crítica no seu día, acabou por revelarse como unha das películas máis escuras, perturbadoras e ousadas de Hitchcock. Cleptomanía, traumas infantís e unha relación, a que manteñen os personaxes de Tippi Hedren e Sean Connery, alén do permisible, mesmo hoxe en día.

Galego

Nicky, a aprendiz de bruxa

Kiki (ou Nicky na drobaxe en español) é unha moza bruxa de 13 anos, en período de adestramento, que se divirte voando na súa vasoira xunto a Jiji, un sabio gato negro. Segundo a tradición, todas as bruxas desa idade deben abandonar o seu fogar durante un ano para saber valerse por si mesmas. Así, ela descubrirá o que significa a responsabilidade, a independencia e a amizade. No seu camiño Kiki (Nicky) e Jiji farán un novo amigo, Tombo, co que vivirán extraordinarias aventuras.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual