Nuestras fiestas de allá + Galicia y Buenos Aires
Dúas pezas do fotófrafo e cineasta José Gil, nunha nova dixitalización en 4K.

Dúas pezas do fotófrafo e cineasta José Gil, nunha nova dixitalización en 4K.
Un matrimonio maior que vive no Xapón rural viaxa a Toquio para pasar uns días cos fillos.
As irmás Setsuko e Mariko rexentan un pequeno bar en Toquio. Malia medraren xuntas, non poden ser máis distintas: Setsuko, a máis vella, viste quimono tradicional e casou moi nova con Mimura, un home triste e que bebe en exceso; Mariko, a máis nova, prefire a roupa de estilo occidental e gozar dos pequenos praceres da vida.
Nunha vila mineiro de Gales viven os Morgan, todos eles mineiros e orgullosos de selo e tamén de respectar as tradicións e a unidade familiar. Porén, a baixada dos salarios provocará un enfrontamento entre o pai e os fillos.
Presentación da revista Volvoreta (nº 6 e 7), acompañada da proxección de El sistema Pelegrín (Ignacio F. Iquino, 1951), disparatada comedia con Fernando Fernán-Gómez de protagonista.
Dúas pezas de José Ernesto Díaz-Noriega, importante cineasta amateur que exerceu principalmente a súa actividade na Coruña da Transición, recentemente recuperadas.
Posguerra en Toquio. Noriko, a máis vella de varias irmás, traballa como secretaria e non ten ningunha présa en casar, malia as presións do entorno familiar para facelo cun bo pretendente elixido para ela.
Roberto é vítima dun profundo fastío outonal, o de quen esgotou todos os praceres da vida. Un dandi, dirán uns; un libertino, dirán outros. Unha noite, de regreso aos salóns lisboetas tras unha longa viaxe, crúzase por azar cunha muller misteriosa.
Marie sae do cárcere e coñece a Baptiste, unha rapaza que actúa coma o seu anxo da garda. Xuntas intentarán resolver un misterio que conduce a un estraño labirinto no corazón de París.
Experiencia inmersiva a través do tempo