El sabor del sake
Shubei Hirayama é un viúvo que vive coa filla de 24 anos, Michiko. Séntese vello e acabado, mais chega á conclusión de que a rapaza deber vivir a súa vida, sen ter a obriga de coidalo permanentemente.

Shubei Hirayama é un viúvo que vive coa filla de 24 anos, Michiko. Séntese vello e acabado, mais chega á conclusión de que a rapaza deber vivir a súa vida, sen ter a obriga de coidalo permanentemente.
Proxección de videoclip acompañada de mix de DJ en directo, presentación e concerto.
Eles não usam black-tie achéganos aos conflitos, ás contradicións e aos desexos da clase traballadora brasileira de finais dos anos 1970, durante a crise final da ditadura militar.
Mamiya, Hirayama e Taguchi reúnense para celebrar o sétimo aniversario da morte dun antigo compañeiro da universidade.
Documental dos anos 70 que segue a Lula da Silva no contexto dunha folga.
Os irmáns Minoru e Isamu Hayashi son dous adolescentes que viven cos pais e a tía nun barrio dos arrabaldes de Toquio nos anos 50. O barrio está a transformarse moi rápido.
Baseada na peza de teatro homónima de Nelson Rodrigues, A falecida é a historia dunha alienación. Zulmira desexa morrer e soña cun funeral de luxo que ha redimir dunha vida baleira e miserable.
Documental sobre Julio Llinás, artista, crítico de arte, redactor publicitario, escritor, flaneur e intelectual porteño de renome.
Adaptación da novela de Graciliano Ramos. Un terratenente leva a súa facenda con man de ferro. Cando casa, intenta controlar tamén a súa muller.
Unha compañía de teatro itinerante chega a unha cidade costeira do sur de Xapón. O seu propietario e actor principal, Komajuro, visita a súa antiga amante, Oyoshi, que rexenta un pequeno restaurante na poboación, e o seu fillo ilexítimo, Kiyoshi, que traballa na oficina de correos coa idea de aforrar para os seus estudos universitarios.