Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Las hermanas Munekata

As irmás Setsuko e Mariko rexentan un pequeno bar en Toquio. Malia medraren xuntas, non poden ser máis distintas: Setsuko, a máis vella, viste quimono tradicional e casou moi nova con Mimura, un home triste e que bebe en exceso; Mariko, a máis nova, prefire a roupa de estilo occidental e gozar dos pequenos praceres da vida.

Galego

Le Pont du Nord

Marie sae do cárcere e coñece a Baptiste, unha rapaza que actúa coma o seu anxo da garda. Xuntas intentarán resolver un misterio que conduce a un estraño labirinto no corazón de París.

Galego

Mostra audiovisual DIM´24

«Educación e investigación. Revisitamos o concepto de peza favorita»

Seguindo o lema do DIM’24 «Museos pola educación e a investigación», Míriam Núñez e María Lorenzo, alumnas en prácticas no museo procedentes da USC, ofrecen unha visión creativa e didáctica do programa de difusión #amiñapezafavorita. Conxugan a investigación, divulgación e produción creativa, obtendo como resultado unha breve mostra audiovisual que poderán gozar todos os públicos no primeiro andar do museo e nas redes sociais do mesmo. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual