DEEP LOVE
Polonia, 2013
Dirección, guión, produción e fotografía: Jan P. Matuszynski.
Duración: 84 minutos.
Janusz, avogado, profesor universitario e mergullador, sofre un derrame cerebral e semella que a súa vida queda detida para sempre. Non pode falar nin andar, tan só na piscina volve a se sentir vivo coma antes. Malia as opinións dos médicos, regresa ao mergullo. Joanna, parella e coidadora, vai con el no día a día. Janusz quere baixar 100 metros. Será quen de conseguilo? Premio no festival de Moscova.

