Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Perret in France and Algeria/ Perret in Frankreich und Algerien

Alemaña, 2012 

Dirección e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Filmgalerie 51 e WDR.

Duración: 110 minutos. 

Trinta edificios e arquitecturas de ensamblaxe dos arquitectos e enxeñeiros da construcción franceses Gustave e Auguste Perret. Eles realizaron proxectos tanto en Francia como no norte de África, en plena época colonialista. Como todos os títulos do artista e documentalista Heinz Emigholz, acada unha importante difusión por festivais de prestixio.  

 

Galego

Goff in the Desert/ Goof in der wüst

Alemaña, 2003

Dirección e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Filmgalerie 51 e WDR.

Duración: 110 minutos. 

Nunha viaxe de 40 días polos Estados Unidos, Heinz Emigholz vai documentando 62 edificios ou construccións do arquitecto Bruce Goff. A singularidade das súas formas, estruturas fascinantes,  constitúen o estilo único dun arquitecto sen educación formal ao respecto que deixa algún dos traballos máis interesantes do século XX.   

 

Galego

Sullivan's banks/ Maillart's bridges/ Two projects by Frederick Kiesper

SULLIVAN'S BANKS / SULLIVANS BANKEN 

Alemaña, 1993-2000

Dirección e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Pym Films e WRD.

Duración: 38 minutos. 

As primeiras catedrais do capitalismo logo do nacemento dunha nación (os Estados Unidos) eran de ladrillo á vista e estrutura de aceiro: velaí os bancos, elegantes e impoñentes, construídos a comezos do século XX por Louis H. Sullivan, figura central do modernismo e mestre de Frank Lloyd Wright.

MAILLART'S BRIDGES / MAILLARTS BRÜCKEN

Alemaña, 2001

Galego

Tilda & Jean

España, 2012

Dirección e produción: Darío Autrán. Guión: Andrea Carleos,  Alejandra Novo e Darío Autrán. Fotografía: Lucía Cortiñas.

Intérpretes: Carlos Blanco, Alba Messa, Iria Pinheiro.

Duración: 70 minutos. 

Unha historia de amor inquietante, a de Tilda e Jean, que atrae a todo o seu entorno, proporciona un discurso aberto a varias interpretacións. Longametraxe galega independente.  

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual