The Year of Living Dangerously
Iacarta, ano 1965. Ao inexperto reporteiro australiano Guy Hamilton preséntaselle a oportunidade da súa vida cando o mandan como enviado especial a Indonesia. No turbulento escenario da insurrección comunista contra o presidente Sukarno, coñece a Billy Kwan, un enigmático fotógrafo, e a Jill Bryant, unha atractiva muller que traballa na embaixada inglesa.
Director: Peter Weir
Intérpretes: Mel Gibson, Sigourney Weaver, Linda Hunt, Michael Murphy, Bill Kerr, Noel Ferrier.
Australia, 1982 / 115 min.
Non recomendada para menores de 14 anos.

