Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

ReMine, el último movimiento obrero

España, 2014

Dirección e fotografía: Marcos M. Merino. Guión: Marta F. Crestelo e Marcos M. Merino. Produción: Marta F. Crestelo.

Duración: 101 minutos.

Documental capaz de analizar a última folga mineira asturiana. Vellos métodos de loita e protesta política no medio dunha demoledora crise. Como poden actuar neste contexto traballadores e activistas? Ao xornalista Marcos Martínez Merino a folga mineira do 2012 sorprendeuno preparando un documental sobre as concas mineiras asturianas e non parou ata reflectir o particular verán da resistencia.  

 

Galego

WALL-E

Nun momento en que as imaxes posúen un enorme protagonismo e nos aproximamos maioritariamente a elas mediante a televisión, a internet, os videoxogos, etcétera, o Museo de Pontevedra e o CGAI por medio dos ciclos júnior e infantil, propoñen outros camiños que poidan xerar novas emocións e o pracer de compartilas con outros espectadores na mesma sala: achegarnos ao cine no cine.

Galego

Heaven's Gate (Michael Cimino, 1980)

No verán de 1870, Averill e Irvine terminan os seus estudos na Universidade de Harvard. Vinte anos despois, viven en circunstancias moi distintas. Averill, máis serio e visiblemente máis vello, converteuse nun marshall federal. Pola súa parte, Irvine, destruído e arruinado pola bebida, pero aínda no seu xuízo, é membro da asociación Stock Growers Association, que está involucrada nun conflito.
Entrada gratuíta ata completar as localidades

Máis información

Galego

A New Leaf (Elaine May, 1971)

Henry é un solteirón que sempre viviu obsesionado polos cartos e os praceres que lle proporcionan. Tras malgastar a gran fortuna herdada de su pai, pídelle, desesperado, un préstamo ao seu tío, quen llo concede cunha soa condición: que lle sexa devolto nun prazo de seis semanas. De non ser así, deberalle dez veces a suma prestada.
Entrada gratuíta ata completar as localidades

Máis información

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual