Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Contou Rosalía

Contou Rosalía é a primeira película sobre a escritora Rosalía de Castro, que será preestreada no Auditorio de Galicia o próximo 11 de maio. O filme está protagonizado por Melania Cruz, Fran Lareu, Ledicia Sola e Celso Parada, entre outros, e segue a biografía da escritora galega. 

A asistencia á preestrea é gratuíta con reserva previa. 

Galego

Últimas Conversas

(Brasil, 2015)

Dirección: Eduardo Coutinho. Fotografía: Jacques Cheuiche. Montaxe: Jordana Berg. Son: Valéria Ferro. Dur: 85'.

Sinopse: A través destas entrevistas, preténdese entender como pensan, con que soñan e como viven os adolescentes de hoxe en día.

Galego

Les hautes solitudes

(Francia, 1974)

Dirección, fotografía e guión: Philippe Garrel. Intérpretes: Jean Seberg, Nico, Tina Aumont, Laurent Terzieff. Dur: 80'.

Sinopse: Retrato da actriz Jean Seberg no seu apartamento de París. O seu título tómao en parte emprestado dunha colección de poemas de Léon-Paul Farge (que nomeou en singular: Haute solitude) e designa o fondo mesmo do proxecto: non só filmar o que desexamos, senón entrar no rostro dunha muller como quen entra nos seus soños. 

Galego

Det sjunde inseglet / El séptimo sello

(Suecia, 1957)

Dirección e guión: Ingmar Bergman. Fotografía: Gunnar Fischer. Intérpretes: Max von Sydow, Gunnar Björnstrand, Nils Poppe, Bibi Andersson. Dur: 96'.

Sinopse: A peste negra asola Europa. O cabaleiro Antonius Blovk volve das cruzadas logo dunha década loitando contra os mouros. Polo camiño encóntrase coa Morte, á que lle propón unha partida de xadrez coa esperanza de obter dela as respostas ás grandes preguntas da vida.

Galego

La cicatrice intérieure / La cicatriz interior

(Francia, 1972)

Dirección e guión: Philippe Garrel. Intérpretes: Nico, Philippe Garrel, Christian Aaron Boulogne, Daniel Pommereulle, Pierre Clémenti, Balthazar Clémenti. Dur: 60’.

Sinopse: Filme experimental en que a cantante Nico e o propio Philippe Garrel vagan por un deserto. A parella semella en descomposición, chea de reproches. Ela berra e non pode respirar. El ignóraa impasible.

Galego

No Intenso Agora

(Brasil, 2017)

Dirección e guión: João Moreira Salles. Montaxe: Eduardo Escorel, Laís Lifschitz. Son: Rodrigo Leão. Dur: 127'.

Sinopse: Abórdase a natureza efémera dos momentos de grande intensidade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual