Verán 1993
Frida, unha nena de seis anos, afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adpotiva trala morte da súa nai.

Frida, unha nena de seis anos, afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adpotiva trala morte da súa nai.
Margo e Martin, unha parella holandesa, buscaban un paraíso onde vivir na natureza e construír o seu futuro. Tras viaxar dous anos e percorrer toda Europa, chegaron a Santoalla, unha aldea illada na montaña ourensá na que só vivía outra familia, os Rodríguez.
Documental que narra os feitos acontecidos na cidade Vigo en setembro 1972, no que o movemento de solidariedade co despedimento de cinco traballadores da factoría automovilística Citröen finalizou coa maior folga xeral da historia de Galicia, na que participaron arredor de trinta mil traballadores e traballadoras da bisbarra de Vigo.
Filme de animación que conta a historia dunha familia que vive tranquilamente no seu planeta ata a chegada dun estraño extraterrestre.
Este documental fálanos do efecto do paso das estacións sobre a paisaxe europea e de como isto repercutiu na flora e fauna deste continente desde a Idade de Xeo ata os nosos días.
O Ciclo de cine e educación, organizado polo Ateneo de Santiago, propón a proxección de catro películas que representan os sistemas educativos establecidos nos seus respectivos países, co fin de suscitar a reflexión e o debate a situación da ensinanza nas sociedades contemporáneas.

Con motivo do Día internacional da danza proxectarase a película El último bailarín de Mao, dirixida a todos os públicos. Baseada en feitos reais, narra como Li Cunxin foi rescatado aos once anos dunha aldea china por uns delegados culturais de Mao, e foi enviado a estudar ballet a Pekin. Despois de anos de dura aprendizaxe, convertiuse nun dos mellores bailaríns do mundo.
Con motivo do Día internacional da danza, proxectarase a película de animación Ballerina, que narra a historia dunha moza orfa que escapa a París para cumplir o seu soño de ser bailarina.
Thanatos, dirixida por Axel D. Sánchez, é unha curtametraxe documental que retrata a Gina, unha muller de Combarro que comparte co espectador a súa mirada retrospectiva sobre unha longa vida, sobre a morte e os sentimentos que florecen a súa avanzada idade.