Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Morir por la cima

Morir por la cima é un documental sobre Carlos Suárez, un dos deportistas extremos máis destacados a nivel internacional, e no que  se amosa a súa historia desde que aos 14 anos elixiu unha vida chea de desafíos, aventuras e superación.

Trátase dun evento de proxección baixo demanda organizado a través de Screenly, polo que a  proxección só terá lugar se venden un número mínimo de entradas. Máis información en Screenly.

Galego

Emilia Pardo Bazán

A primeira sesión das Xornadas de Cinema, Viño e Cultura Galega está dedicada a figura de Emilia Pardo Bazán, escritora destacada de finais do século XIX e das primeiras décadas do século XX. O evento centrarase na súa crítica do caciquismo e na súa posición feminista. Entre os temas que se abordarán no evento tamén estarán as referencias á cultura do viño ou a súa crítica ás duras condicións de traballo das operarias da fábrica de tabacos da Coruña, expostas en La tribuna

Galego

Vértice de versos

Vértice de Versos é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É a primeira vez que un documental profundiza na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e analizando as novas formas de expresión poética. 

É o primeiro traballo como director de Carlos Lorenzo. 

A entrada será libre ata completar capacidade no caso de Celanova e baixo retirada de invitación no de Carral. 

Galego

O autor

Álvaro quere ser escritor, pero todo o que escribe é falso, pretencioso, insípido. Traballa como escribente nunha notaría de Sevilla e a súa  vida é gris, coloreada só polos seus soños.

Galego

Lady Macbeth

Na Inglaterra rural de 1865, Katherine vive angustiada por culpa do seu matrimonio cun home amargado ao que non quere e que lle dobra a idade, e da súa fría e despiadada familia.

Galego

Handia

Tras loitar na Primeira Guerra Carlista, Martín volve ao seu casarío familiar en Gipuzkoa e alí descobre con sorpresa que o seu irmán menor, Joaquín, é moito máis alto do normal.

Galego

A librería

A finais dos anos 50 Florence Green decide facer realidade un dos seus maiores soños: abandonar Londres e abrir unha librería nunha vila da costa británica

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual