Caspervek Trío musican Tabú
Segunda proxección do 3º Ciclo de Cine e Música ao Vivo con Caspervek Trío, organizado pola Fundación Vicente Risco e BenComún Espazo.
Tabú
Última película de Murnau, que empezou como unha colaboración para escribir e dirixir conxuntamente co famoso documentalista Robert J. Flaherty, aínda que por diversos problemas só a asinou Murnau. Rodada en Tahití e Bora-Bora retrata en forma case de documental, do mesmo xeito que Nanook of the North facía cos esquimais, os costumes e modo de vida da xente do Pacífico sur.

