Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Rara

En colaboración ca Concellería de Igualdade de Ourense, e co galo do vindeiro día internacional do Orgullo LGTBIQ+, o Cineclube Padre Feijoo seleccionou dúas películas recentes que englobadas baixo o miniciclo de Orgullosas: visibilidade lésbica realizan dende a ficción unha análise da actual situación das familias lésbicas en Chile e España, e que serán punto de partida para o debate posterior.

Galego

Petitet

Este documental narra a traxectoria profesional e personal do xitano Joan Ximénez Petite.

O obxectivo vital deste artista é devolver ao éxito a rumba catalana.

Galego

Luna nueva

Continúan as proxeccións cinematográficas no Casino 1889, nesta ocasión, con Luna Nueva, dirixida por Howard Hawks e protagonizada polos incomparables Cary Grant e Rosalind Russell. Unha comedia maxistral que é probablemente a mellor adaptación de todas as que se fixeron da obra teatral de Hecht e MacArthur, e que é toda unha referencia no seu xénero.

Galego

I Mostra de Curtametraxes Sociais

Numax acolle a I Mostra de Curtametraxes Sociais. Os espectadores poderán descubrir curtametraxes cun marcado compromiso social e político, tocando temas como o racismo, as migracións, os abusos contra a infancia ou a violencia machista. O programa inclúe as obras Damiana, Tout le monde aime la bord de la mer, A drowning man, Matria e Tryouts. Os pases serán en VO e VOSE. 

Entrada de balde con reserva previa. 

Galego

FLOP CINEMA

O Free Live Orgullo Pontevedra regresa este ano e, entre a súa variada e abundante programación, non faltará o cinema. O programa de proxeccións será o seguinte:

Martes 29, 20:30h
Teorema, de Pier Paolo Pasolini

Mércores 30, 20:30h
Tierra Firme, de Carlos Marques

Xoves 31, 20:30h
Un final para empezar, de Carmen PG Granxeiro

Venres 1, 20:30h
Nove de novembro, de Lázaro Louzao

Galego

A ameaza do cobre

A Biblioteca cede o espazo aos membros da Plataforma MINA TOURO-O PINO NON para a presentación do documental A ameaza do cobre de Xosé Bocixa, seguido dunha charla-coloquio na que se tratarán temas relacionados co exposto no documental.

Salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Muchos hijos, un mono y un castillo

Documental dirixido por Gustavo Salmerón: Moitos fillos, un mono e un castelo son os desexos cos que soñou a súa nai, Julita Salmerón, de nena, e que se converteron en realidade. Cando o menor dos seus fillos descobre que a súa nai perdeu a vértebra da bisavoa asasinada, a familia emprende unha divertida busca entre os peculiares obxectos que Julita foi acumulando ao longo dos seus 80 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual