Baixo a pel
Ciclo de cine á marxe das vías comerciais dedicado a aproximarse a aspectos da cultura contemporánea en diferentes sociedades. Polo xeral, cada ano adícase a un país, este ano o elixido ten sido Perú.

Ciclo de cine á marxe das vías comerciais dedicado a aproximarse a aspectos da cultura contemporánea en diferentes sociedades. Polo xeral, cada ano adícase a un país, este ano o elixido ten sido Perú.
Filla de. Irmá de. Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir.
O desaloxo dunha casa, que se baleira de toda a súa memoria, uns axentes de bolsa, un congreso sobre liderado empresarial, un vendedor do rastro que atesoura recordos e resístese a vender, a cidade enteira como espazo virtual dunha feira inmobiliaria. A cámara asómase a estes espazos e personaxes mentres tenta debuxar algúns trazos do novo aspecto do mundo. E de fondo queda unha pregunta: no futuro será necesaria a memoria?
A vida de catro mulleres e unha nena que se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, escondéndose polo pobo como un ser huidizo, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas o día a día das mulleres, nunha fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.
Cuñados é unha comedia criminal, divertida e orixinal película sobre a familia (e sobre Galicia), que comeza cunha débeda imprevista, continúa cun secuestro absurdo e remata cun plan tolo.
Narra a relación que Mariña, unha nena de 6 anos, impulsiva e irreverente, ten con Marita, a súa avoa de 75 anos. A rancia educación á que a avoa somete á nena provoca que esta se rebele non só contra ela, senón contra todo aquel que tente corrixir o seu comportamento. Ao longo de varias etapas reconstrúese a vida e costumes dunha familia deixando ás descuberto emocións e conflitos.
España. Verán de 1936. O soado escritor Miguel de Unamuno decide apoiar publicamente a sublevación militar que promete traer orde á convulsa situación do país. Inmediatamente é destituído polo goberno republicano como reitor da Universidade de Salamanca. Mentres, o xeneral Franco consegue sumar as súas tropas á fronte sublevado e inicia unha exitosa campaña coa secreta esperanza de facerse co mando único da guerra. Derívaa sanguenta do conflito e o encarceramento dalgúns dos seus compañeiros provoca que Unamuno empezo a cuestionar a súa postura inicial e a sopesar os seus principios.
Catro adolescentes son absorbidos por un videoxogo, no que se converten en avatares de personaxes arquetípicos. Alí vivirán múltiples aventuras, á vez que buscan como saír de alí para volver ao seu mundo.
O superespía Lance Sterling e o científico Walter Beckett son case polos opostos. Lance é tranquilo, afable e caballeroso. Walter non. Pero o que lle falta a Walter de habilidades sociais compénsao con enxeño e inventiva, cos que crea incribles dispositivos que Lance usa nas súas épicas misións. Pero cando os eventos dan un xiro inesperado, Walter e Lance de súpeto teñen que confiar o un no outro dunha maneira completamente nova. E se esta estraña parella non pode aprender a traballar en equipo, todo o mundo estará en perigo.
Lucas (Mathias Sandor) ten oito anos e quere saber como fai o Ratiño Pérez para cambiar os dentes dos nenos por moedas sen que ninguén o vexa. Cando tenta pescudalo, o único que consegue é que Pérez caia en mans de Gil Penkoff (Manuel Manquiña), un empresario sen escrúpulos que tratará de facerse millonario vendendo os segredos do rato. Aínda que Lucas e a súa familia téntano todo para liberalo, os únicos capaces de prestarlle axuda serán uns personaxes moi pequenos.