Reanimation Punk-Rock Show
Barrel Punk Rock: grupo de Sada creado en 2012.
Free City Pucela: grupo valisoletano que está en xira presentando o seu novo disco.
Un Firme Fracaso: grupo de Iñás creado en 2014 e que se dedican ao skatepunk.

Barrel Punk Rock: grupo de Sada creado en 2012.
Free City Pucela: grupo valisoletano que está en xira presentando o seu novo disco.
Un Firme Fracaso: grupo de Iñás creado en 2014 e que se dedican ao skatepunk.
Puma Pumku é un quinteto revelación de pop psicodélico que chega desde Santiago de Compostela.
O seu primeiro LP, "Is it in you?", nacía nun principio como un proxecto de crowdfounfing, pero a discográfica Matapadre acabou por fixarse neles e agora o disco sae en dúas edicións, unha delas, en forma de vinilo de cores para os mecenas de Verkami.
Nova edición do TriCiclo na Sala Capitol cos norteamericanos Russian Circles (Chicago) e Helms Alee (Washington) como protagonistas, que estarán acompañados na súa primeira visita a Galicia polos pontevedreses Cuchillo de Fuego e a ilustración de Xose L. García.
O power trio de rock RavenEye foi formado polo multi premiado guitarrista e cantante Oli Brown xunto ao batería Kev Hickman e o baixista Aaron Spiers. En 2014, xiraron como teloneiros do lendario Joe Satriani, impresionando ao público cos seus potentes riffs e o seu explosivo directo.
O quinteto londiniense remozouse, pero mantén á fronte da formación a Peter Coyne (voz e guitarra) e Chris Coyne (baixo), os irmáns fundadores da banda e a súa perenne célula creativa.
Na súa discografía atópanse álbums capitais do rock británico máis musculoso, apaixonado e sincero.
En 2015 The Godfathers cumpren trinta anos como banda en activo e celébrano coa súa xira.
Willie Nile, o músico de Nova York, regresa a España cun novo disco debaixo do brazo, If I Was a River, o décimo terceiro da súa carreira, distinto a todo o anterior na mesma.
Trala xira por Sudamérica en 2013 financiada co apoio dos seus fans, Don Fernando voltan por segunda vez a Europa este abril para presentar o seu novo album Haunted By Humans.
Compañeiros de escenario de Clutch, Monster Magnet, Brant Bjork & The Low Desert Punks, The Meat Puppets, etc. Don Fernando desembarcan agora por Europa cos seus compatriotas australianos Grindhouse.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Motores foi unha das bandas de rock máis emblemáticas dos noventa en Vigo, compañeira de fatigas de Barricada e Obús, autora dos temas "Noche de lobos", "Si quieres un amigo, cómprate un perro" e "Soldados rendidos". Formárona membros de Los Cafres, Último Aviso e Los Desertores.
Presenta o seu novo disco Caníbal de lo ajeno. Carlos del Río: guitarra, voz; Gerardo Fernández: guitarra; Gonzalo del Río: baixo; Tytto Rodd: batería.
Actuando con los Motores estará Pacho Brea.
(Creedence , Dire Straits , Ac/Dc , Loquillo , Leño , Prince , U2 , Bruce Springsteen , Burning , Elvis P.....)
Formada en Outubre del 2012 por:
Gonzalo Mecha - Batería (ex -Eternos)
Richi Garcia - Voz y Guitarra (ex - Capitán Morgan)
Fernando Pardiño - Guitarra (ex- Someplace)
Luis Fuca - Bajo (ex-Someplace)
Banda residente dende Octubre do 2012 do Fórum Celticum do Burgo e no Corralón da Coruña.
Formado por Mig Seoane (voz e guitarra), Nacho Muñoz (voz e teclados) e Suso Feixón (batería), este trío vigués é dificil de encasillar: grandes dosis de postpunk, funk, rock progresivo, electro, techno... aínda que tamén introducen elementos da musica clásica do sXX como o serialismo e a improvisación. As letras recordan o dadaismo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo . A posta en escea é tremendamente eufórica, non queda un minuto para o descanso, os corpos bailan e sudan electrizados. Enormes doses de interación co público e muito humor.