Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Campamento de verán

Co fin de facilitar a conciliación das familias coruñesas, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle un campamento de verán.

De luns a venres do 29 de agosto ao 2 de setembro está dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

O horario é de 10 a 13:30 horas.

O número de participantes é de 12.

Galego

XI Nigrán Area

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Federación Galega de Atletismo e Deporte Galego, retoman o sábado 13 de agosto a 11 edición da Nigrán Are carreira popular de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca. O prazo de inscrición para esta tradicional carreira por Panxón e Praia América está aberto en www.carreirasgalegas.com ata o 9 de agosto ás 23:59 horas.

Galego

XVI Premio de Novela Europea Casino de Santiago

A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel participa de novo no Premio Novela Europea “Casino de Santiago”, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo aos residentes da cidade de Vigo, así como aos de outras cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario. Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas de escritores europeos publicadas neste ano:

Galego

Flota como poidas

O Concello de Nigrán abre ata o 12 de agosto o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas", que terá lugar o domingo 14 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados deben anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es.

Galego

Concilia Biblioteca

Co fin de facilitar a conciliación das familias viguesas, a biblioteca acolle un programa de actividades cultural que se realizará de luns a venres non festivos dos meses de setembro a novembro e está dirixido a nenas e nenos de 3 a 10 anos.

As familias que teñan previsto utilizar o Concilia Biblioteca de forma regular do 1 de setembro ao 30 de novembro poderán reservar a súa praza dende o 18 de xullo.

O horario diario de 15.00 a 20.00 h. organizarase en tres bloques:

1. Animación á lectura e realización das tarefas escolares

Galego

Ioga e meditación no solpor

A maxia da praia de Patos para acadar paz espiritual e física a través do Ioga. Con este obxectivo o Concello de Nigrán ofrecerá quincenalmente a partir deste martes 12 de xullo ás 20:30 horas na Praia de Patos 'Ioga e meditación no Solpor' a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo.

Galego

Verán no Gaiás 2022: Espazo de xogos populares

Colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos. Neste espazo de ocio alternativo todas as persoas con ganas de pasalo ben están convidadas a gozar do xogo en familia á vez que desenvolven habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa grazas a retos de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, ou de cooperación… Este espazo de lecer permanecerá aberto de xeito simultáneo aos espectáculos, en horario de 17 a 20h. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades