Ciclo de cinema filosófico: Ex machina
Proxección do filme Ex machina (Alex Garland, 2015), dentro do Ciclo de Cinema Filosófico. A presentación correrá a cargo de Martín Pereira.
Proxección do filme Ex machina (Alex Garland, 2015), dentro do Ciclo de Cinema Filosófico. A presentación correrá a cargo de Martín Pereira.
Cervo Clementine e raposo Livia regresan ao Salón con novas historias e novas cancións. Pero esta vez non só acompañaralles a banda de gatos monteses, na que o jazz corre polas garras de Tilín, Chusón e Mijau -bestas pertencentes ao Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra-, senón que moitos outros animais súmanse á festa para mostrar que a arte e a creatividade non son algo único e exclusivo do ser humano, pois na vida salvaxe tamén hai moito enxeño.
Cristina Fernández presidenta da asociación Querendo, explicará as consecuencias desta enfermidade, cómo afecta as mulleres e as respostas da ciencia para a mesma.
Para asistir a ela e dado ao aforo limitado é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385/386.
Co gaio da celebración do Día Internacional da muller o 8 de marzo organizaremos no primeiro andar da Biblioteca unha mostra bibliográfica con novelas de autoras cunha mirada feminista.
No segundo andar da Biblioteca contamos coa Biblioteca feminista pero nela non temos novelas por iso aproveitamos esta celebración para dar visibilidade ás novelas de autoras.
A Residencia Literaria da Cidade da Cultura volve en 2022 para continuar prestando apoio e acompañamento a escritoras e escritores emerxentes e inéditos. Fundamentada no intercambio de experiencias e coñecementos, a Residencia Literaria constrúe no Gaiás un espazo que combate a soidade da creación literaria e a falta de guía e valoración externa que tantas veces enfrontan as autoras e autores noveis.
Simpático, divertido e interactivo recital poético destinado aos máis pequenos da casa.
Unha das escritoras máis coñecidas e recoñecidas polo público infantil e xuvenil traballará cos nenos na loita contra os medos máis habituais da infancia, onde son os poemas os que vencen temores.
Data relacionada: 21 marzo, Día da Poesía.
Duración: 35 - 40 min
Para 20 nenas e nenos de 4 a 12 anos
Salón de actos
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.
Proxección do filme Beau Travail (Claire Denis, 1999), dentro do ciclo de temática LGBTQ+ que organiza a Comisión LGBTQ+ da Asamblea de Filosofía USC. A presentación correrá a cargo de Nil Farré e de Miguel López Golán.
X CONCURSO DE RELATOS
MUSEO LISTE – ETNOGRÁFICO DE VIGO
2022
Este ano propoñémosvos o terna: "Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe" Podedes enviar os vosos relatos ata o 26 de abril.
Haberá premios para os gañadores! Agardamos a vosa participación
Xuntamos bases da convocatoria tamén dispoñibles no enlace ao blog: https://museoliste.org/blog
Este ano, a Xunta de Galicia celebra a lingua materna o día 20, domingo, para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. Faino cun breve acto institucional e cunha actividade de dinamización lingüística que contará coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos.
Proxección do filme Funeral Parade of Roses (Toshio Matsumoto, 1969), dentro do ciclo de temática LGBTQ+ que organiza a Comisión LGBTQ+ da Asamblea de Filosofía USC. A presentación correrá a cargo de Beatriz Guillén e de Miguel López Golán.