XXII semana da lingua italiana no mundo
O Comité Dante de Vigo celebrará a XXII Semana da lingua italiana no
mundo organizando varias actividades. O lema deste ano será: “L’italiano e i
giovani”.
Na Biblioteca Pública de Vigo “Juan Compañel”:
- Exposición de libros ilustrados para nenos e adolescentes do 17 ao 30 de outubro;
- Talleres infantís con lecturas de 18.00 a 19.00 todos os días de luns a venres e o sábado pola mañá de 12.00 a 13.00 grazas á colaboración das nosas socias.

