Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pardo de Cela na Galiza do século XV. Mito ou Martir?

A AC. O Galo organiza este debate-presentación  "Pardo de Cela na Galiza do século XV. ¿Mito ou Martir? ", con motivo da saida do monográfico "Sermos Galiza" que o xornal "NÓS DIARIO" adica a Pedro Pardo de Cela. Este coloquio presenta interese polo tema e polas diferentes visións dos participantes nesta actividade.Interveñen: Carolina Casal,  Anselmo López Carreira,  Alexandre Péres Vigo, María Xosé Rodríguez Galdo,  Francisco Rodríguez Sánchez  e Carme Varela.Os asistentes serán agasallados cun exemplar dese suplemento que "NÓS DIARIO" tirou especialmente para á AC.

Galego

Presentación de “Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro”, de Paco López-Barxas

Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro é unha peza teatral da autoría de Paco López-Barxas publicada pola Casa-Museo Álvaro Cunqueiro co apoio do Concello de Mondoñedo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.Formulada como unha dramatización ficcionada de sucesos reais, nesta peza López-Barxas achéganos á relación amigable e artística que uniu a dous grandes intelectuais galegos como foron Álvaro Cunqueiro e Eugenio Granell.En esencia, Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro recrea os encontros mantidos entre o mindoniense e o coruñés

Galego

Carabela A Pinta

A Casa da Navegación de Baiona ven de poñer en marcha unha actividade para favorecer o acceso á réplica da Carabela A Pinta das persoas con limitación de movemento, consistente nunha experiencia de realidade inmersiva cunha duración máxima de 15 minutos. É posible seleccionar o idioma (galego, castelán , inglés).

No horario habitual, de martes a sábado, entre 10:00 - 13:00 horas e 16:00 - 19:00 horas.

Recoméndase reservar visita no número 986 356 688.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades