Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día de Rosalía de Castro

Manuel Cadilla  “Maruxo” será este ano o protagonista do recital a Rosalía de Castro. Veciño da nosa localidade, mariñeiro retirado e gran amante e coñecedor da obra e vida de Rosalía de Castro,  ten participado habitualmente nas homenaxes e lembranzas á nai da nosa literatura. Coa súa labor certamente foi gañándose un oco nas homenaxes á Rosalia e o cariño do público que demandaba a súa presenza e un novo recital no que sentir a forza e emoción que fan tan especial as súas intervencións.

Galego

UN LAB_REC E UN CASTING DOS DOBRES.TALLER DE ARTISTA IMPARTIDO POR OLGA MESA E FRANCISCO RUIZ DE INFANTE

UN LAB_REC E UN CASTING DOS DOBRES.TALLER DE ARTISTA IMPARTIDO POR OLGA MESA E FRANCISCO RUIZ DE INFANTE

18 marzo 2023 - 20 marzo 2023

de 10:00 A 14:00 h

Coordinación: Carmen Hermo (CGAC)

Dirección: Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante

Prazas: 20

Matrícula: Gratuíta

 

En LAB_REC o corpo é un soporte narrativo, un corpo, ollo e oído que se articula ao redor de nocións de presenzas e ausencias, do real e do virtual.

Galego

5 Miradoiros

O Concello de Nigrán estreará este mes de Abril o seu propio trail ‘5 Miradoiros’ co obxectivo de fixar no seu calendario deportivo esta proba que fusionará deporte e natureza coas vistas máis espectaculares e descoñecidas do municipio. Este terá lugar o sábado 22 de Abril pola tarde cunha proba de ascensión e escalonada de 3,5 km e saída desde Camos e o domingo 23 pola mañá con tres probas (trail longo, curto e andaina) e saída desde Chandebrito, pasando en todos os casos polas parroquias do interior: Camos, Chandebrito, Priegue e Parada.

Galego

Memoria silente: a pegada de Mariano Tafall.

Este itinerario levaranos por diferentes fitos relacionados coa biografía, a actividade profesional e obra deste organeiro. Para iso, contamos coa colaboración dun dos grandes expertos no tema, o músico, profesor e investigador, Miguel A. López Fariña, así como coa organista Alejandra Escolante, que fará soar un dos poucos órganos que se conservan do construtor, o órgano da capela da Virxe do Portal, do convento de Belvís.
 

Galego

9º Convergências Portugal-Galiza

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema, coloquios, faladoiros e poesía, nun encontro que se realiza simultaneamente en Braga, Ponteareas e Santiago de Compostela.

Programa

Galego

Club de lectura de cómic

O tema será: Jean Giraud/Moebius

Cada participante presentará un cómic acorde co tema proposto, aínda que tamén se pode vir só a escoitar.

Club mensual: os terceiros sábados de cada mes de 10:30 a 12:00. A entrada é libre, previa inscrición para cada sesión, na biblioteca ou chamando ao 886 120 445.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades