Que forma ten o Nadal para ti? A Cidade da Cultura anima este ano a xogar coa xeometría en familia. Desde triángulos, círculos, cadrados, etc. podes imaxinar, deseñar e crear unha orixinal postal de Nadal. Recorta as figuras e compón o debuxo que máis che guste, inspirado nestas festas, e non esquezas engadir o teu "toque" persoal. Os autores das postais máis orixinais recibirán un agasallo familiar no espectáculo de teatro Ás para Álex, que terá lugar o 29 de decembro de 2022 (ás 18.00 horas) no Museo do Centro Gaiás, onde tamén recollerán un fantástico agasallo. .