Flota como poidas
O Concello de Nigrán abre ata o 12 de agosto o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas", que terá lugar o domingo 14 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados deben anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es.