LGx15
LGx15 é un evento para a difusión de ideas para o futuro da lingua a través de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego. Intervirán nove persoas para transmitir dun xeito breve, claro e visual ideas e reflexións para influír no uso e prestixio da lingua. No evento, ademais, haberá música e humor, o que o fará un acto festivo e divertido.