Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mercado de Nadal

Desde o 3 de Decembro ao 2 de Xaneiro, celebrarase o Mercado de Nadal en Vilagarcía de Arousa. Estará formado por 16 casetas de madeira decoradas para a ocasión e que se instalarán ao longo da Praza de España e a Praza da Independencia.

Estará aberto en horario de mañá e tarde e os visitantes poderán comprar produtos que teñan relación co Nadal.

Galego

Fexturrón 2022

Zona de xeo, tobogán e pista de xeo, parque de atraccións, actividades de animación e servizo de restauración. 

O Fexturrón abriu onte as súas portas no recinto de Fexdega cunha aposta potente que ocupa todo o interior da nave e con ata 12 atraccións diferentes entre as que está a famosa e aplaudida pista de xeo -con tobogán incluído. O Fexturrón é un golpe de aire fresco para un sector que sufriu moito durante os meses da pandemia.

Galego

IV Feira de Ciencia Isabel Zendal

UDCiencia d i, grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración cos Museos Científicos, organizan a IV Feira de Ciencia Isabel Zendal. 

A actividade conmemora o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, hai 218 anos. Nesta travesía marítima tivo un papel destacado a coruñesa Isabel Zendal, como responsable dos nenos que portarían a vacina das vexigas. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades