Madre mía, cómo está España
Durante dúas horas poderás desfrutar do humor, das cancións e xogos de Moncho Borrajo.
Os temas de actualidade serán o eixo central do espectáculo.

Durante dúas horas poderás desfrutar do humor, das cancións e xogos de Moncho Borrajo.
Os temas de actualidade serán o eixo central do espectáculo.
A familia Adams enfróntase a unha nova situación, os pequenos da casa fanse maiores. E ademais, Miércoles enamorouse dun neno que provén dunha familia que non ten tantas peculiaridades como a Adams.
O espectáculo conta coa música de Andrew Lippo e está dirixido por Esteve Ferrer.
O espectáculo está formado por oitenta músicos acompañados por varios cantantes. Os protagonistas son Adrián Salzedo e Talía del Val.
Ademais, contan cun coro composto por corenta voces.
Culturactiva SCG presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
Monster Rock convídache a celebrar Halloween.
O Home Invisible, Frank, Lobo, Vampi, Profesor Hyde, Momi e Ghost citáronse no vello Castelo da Roca. Teñen que tratar un grave problema: os monstros teñen medo. Xuntos buscarán a clave para vencer o medo á escuridade e para iso necesitarán a axuda de todos os nenos.
Tres mestres do humor como son Dani Mateo, Raúl Cimas e JJ Vaqueiro, xúntanse para compartir escenario por primeira vez coa intención de facerche pasar unha noite inesquecible, vivindo un espectáculo único e irrepetible considerado como o mellor show de humor do ano.
Moitas son as reelaboracións que o mito experimentou nas mans dos autores clásicos, medievais e modernos, pero se hai algo que todas teñen en común é o feito de que invariablemente a heroína debe enfrontarse con férreos dilemas e tomar decisións que resultarán fatais para o curso da súa vida e tráxicas tamén para quen a rodea.
Esta proposta é unha invitación para entrar no tempo pasado cunha nova actitude, dubidar da estereotipia, evitar os prexuízos, refutar as vías inmutables e escoitar.
Catro mestres do humor galego, Patricia Vázquez, Isi, Manquiña e Sergio Pazos, serán os encargados de protagonizar catro monólogos para escachar da risa.
Ademais, The Funkles, a banda tributo a The Beatles, daralle o toque musical ao espectáculo.
O humorista sevillano Juan Amodeo trae neste espectáculo as historias máis disparatadas e humillantes que lle pasaron na súa vida... e algunhas inventadas. Pero todas moi cómicas e divertidas.
Mucha Tontería é o novo monólogo de Berto Romero, que trae novas historias, cancións e algunha que outra sorpresa. O nome do show é á vez unha declaración de intencións e unha descripción do traballo que realizou nos últimos 20 anos.