Festival Elas son Artistas
A artista madrileña ELE presentará o seu segundo LP What Night Hides na primeira edición deste festival. A súa música está entre o soul, folk, jazz, pop e ás veces é un pouco rockeira.

A artista madrileña ELE presentará o seu segundo LP What Night Hides na primeira edición deste festival. A súa música está entre o soul, folk, jazz, pop e ás veces é un pouco rockeira.
Os dous actores galegos fan unha análise dos sectores máis afectados pola ineficacia do sistema político actual.
A corrupción, o problema das pensións, os recortes en sanidade e en educación serán os asuntos analizados con moita retranca e crítica.
Ao longo de 75 minutos pequenos e maiores poderán desfrutar cos personaxes de fantasía representados por 10 bailaríns.
Luis Chataing regresa aos escenarios cun novo espectáculo de Stand Up, o cuarto da súa carreira.
Nesta ocasión, o humorista ponse a ton cos cambios recentes que atravesas a súa vida, a mudanza aos Estados Unidos, a paternidade, deixar a radio, a tecnoloxía, as redes sociais, e en especial o inquietante intento por dixerir a política...
Entre o 25 de maio e o 3 de xuño A Coruña celebra a novena edición da Mostra de Cine Periférico (S8). Nesta gala presentarase a nova edición na que coincidirán películas do panorama nacional e internacional.
Alumnas e alumnos do CEE Nuestra Señora del Rosario, do CEIP Eusebio da Guarda e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña representarán unha obra de teatro e varias pezas musicais.
O obxectivo deste espectáculo é dar a coñecer o traballo que se desenvolve nos centros educativos e mostrar que a discapacidade física ou psíquica non son un impedimento para desenvolver a capacidade creativa e artística.
Marcelo Dobode e Beatriz Martínez Ghaveta serán os encargados de levar a cabo este espectáculo dirixido aos máis pequenos da casa.
Esta actividade enmárcase dentro do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Pegadas de Castelao é un espectáculo dirixido a todos os públicos (a partir de 6 anosI que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida.
Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: cantar de cego, monicreques, teatro de actor etc., todo acompañado por música en directo e cantigas tradicionais vinculadas á súa vida e obra.
María e os ollos alabarados é un espectáculo para todos os públicos a partir da obra de María Victoria Moreno.
A través de diversos fragmentos e relatos da súa obra (Mar adiante, Pan con chocolate, Querida avoa, Leonardo e os fontaneiros ou Eu conto, ti cantas), tentaremos percorrer o universo da autora, poñendo de manifesto os temas máis relevantes dos seus escritos; como a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respecto á natureza ou o amor polos animais.
Espectáculo musical baseado na obra Mar adiante de María Victoria Moreno, autora homenaxeada nas Letras Galegas. O espectáculo mestura cantigas, música, danza e marionetas nunha travesía na que navegaremos rumbo á Illa dos paxaros.