Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Tecín soia a miña tea

A biblioteca cede o espazo a Lisístrata para a realización da actividade de homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización dos seus poemas. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra ...O desexo e ansias súas polo teatro: "eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía ás veces divertida, outras reinvindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción para honrar á nai das nosas letras. 

Galego

Displacement

O coreógrafo Mithkal Alzghair, autor deste traballo, trae a un primeiro plano as cuestións da guerra Siria, e pon en valor o patrimonio dun país devastado por intereses absurdos. 

Escenas do Cambio es un Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción que se celebra anualmente dende hai catro anos e no que o teatro galego ten unha presenza destacada.

Galego

Selfunfinished

Xavier Le Roy chega por primeira vez a Galicia con esta peza fundamental da danza moderna, chea de intelixencia e de humor, unha das obras máis fascinantes e valoradas da actual escena mundial.

Escenas do Cambio es un Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción que se celebra anualmente dende hai catro anos e no que o teatro galego ten unha presenza destacada.

Galego

Boriska

Neste espectáculo mestúrase a música, o baile, o humor e o mundo do circo.

Grandes e pequenos goazarán deste espectáculo e da actuación de Boriska.

Galego

100% Burbujas

Este espectáculo conta a historia dun profesor na arte das pompas de xabón que vai por todo mundo sorprendendo a pequenos e maiores.

Ao longo do show o profesor irá contando nocións científicas sobre as pompas e recitará poemas que trasladarán ao espectador ao mundo dos soños.

Galego

Pido disculpas

Con 18 anos recentemente cumpridos, Facu Díaz recibía por teléfono a noticia da súa imputación. O que non sabía era que esa sería a primeira dunha longa serie de procesos xudiciais disparatados que lle esperaban no futuro. Tras o seu paso pola Audiencia Nacional empezou a darlle forma ao que hoxe é un monólogo cheo de curiosidades no que o novo comediante relata con todo luxo de detalles as súas andanzas polos xulgados e os seus encontróns cos límites da liberdade de expresión en España.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo