Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Camiños

Camiños é un espectáculo musical de formato individual no que Magín Blanco interpreta temas propios para os/as nenos/as, guiando esta interpretación con contos, adiviñas e moitas sorpresas. Esta é a proposta máis cercana entre público e autor na que Magín procura a axuda e participación do público na interpretación das cancións e na resolución das cuestións que plantexa este Camiños.

Galego

Os Bolechas e o amigo Monte

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos vivirán a canda os nenos e nenas de 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística unha nova e divertida aventura que servirá, ademais de para pasalo ben, para mostrarlles aos máis pequenos a importancia de coidarmos o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais. O obxectivo é fomentar, a canda a educación ecolóxica dos cativos e cativas, a súa participación en galego na resolución do conflito proposto no guión.

Galego

Carapuchiña Vermella

Plácido, un escritor de contos, é o encargado de narrar a historia de Carapuchiña Vermella coa súa vella máquina de escribir.

EducaTeatro Produccións son os encargados de levar a cabo este espectáculo no que a música, a palabra e a diversión son a base deste espectáculo. Anteriormente percorreron Galicia co espectáculo Os tres porquiños.

Galego

Cantahumor

Riki López presenta o seu novo disco Qué harto estoy de ser tan cool.

Neste espectáculo ademais de presentar o seu novo traballo fará que o público escache coa risa mentres el conta anécdotas da vida cotidiana.

Galego

Mangoreté

Unha comedia musical sobre mundos modernos Unha sátira sobre a sociedade actual conducida por seis azafatas chegadas dun "misterioso" lugar chamado Mangoreté, que farán ao público partícipe dunha experiencia única. Un texto orixinal de Desiré Pillado e Bea García adaptado e dirixido por Bea García para o curso de iniciación ao Teatro Musical de Rock School Coruña.

Galego

Carlos Blanco

O actor e cómico galego Carlos Blanco segue en plena xira con Touriñán do seu espectáculo Somos criminais, no que ambos cómicos fanse unha serie de preguntas sobre Galicia, como se temos unha cultura propia ou se delinquimos como galegos. Aínda así quédalle tempo pra facer algunha actuación en solitario. Unha das poucas será en Lugo, no club Clavicémbalo os días 29 e 30 de xuño.

Galego

Les rois fainéants de Cía Cocotte

Un espectáculo que mestura a linguaxe do teatro visual e de obxectos co humor branco inspirado en Jacques Tati e as obras de Jérôme Déschamps.

O espectáculo transpórtanos a unha vella fábrica situada ao sur da Francia rural nos anos 50. Os personaxes involúcranse nunha batalla perdida. A fábrica, foi exemplo durante anos de perseveranza e eficacia.

Despois de catro xeracións, os traballadores loitan por sobrevivir resignados á monotonía do traballo, o aburrimento e a falta de cambio no seu día a día.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo